Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta ultima a aplicación web ‘A paisaxe de Galicia dende a bicicleta’ co inicio da fase de probas
A ferramenta desenvolvida polo Instituto de Estudos do Territorio sométese ás últimas comprobacións técnicas para asegurar o seu axeitado funcionamento de cara ao seu lanzamento oficial, previsto para o mes de setembro
Sogama destinará case 150.000 € a financiar proxectos municipais de carácter ambiental en Vilanova de Arousa
As actuacións a financiar con estes fondos consistirán na mellora do firme nos accesos a Romarís e Fontenla, a extensión da rede de saneamento neste último núcleo e a limpeza e mellora da drenaxe en viarios municipais
Sogama investirá 150.000 euros no concello de Curtis para acondicionar a senda fluvial do río Mandeo
O acordo enmárcase na construción da nova planta de transferencia municipal que está a levar a cabo a Xunta sobre terreos cedidos polo Goberno local
A Xunta adxudica por case 12 M€ as obras dos colectores e da nova depuradora de Foz, que triplicará a poboación servida e multiplicará por 9 a capacidade de tratamento
As intervencións contan cun prazo de execución de 33 meses: os 3 primeiros para redactar o proxecto, 18 para a execución das obras e 12 meses para a posta en marcha da nova depuradora
A Xunta activa unha alerta laranxa por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense
O episodio comezará previsiblemente ao mediodía con máximas de ata 39 graos
A Xunta e o Observatorio do Litoral coinciden en que hai base xurídica suficiente para recorrer a reforma do Regulamento de Costas
O Goberno galego lamenta que tanto o Consejo de Estado como o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico rexeitasen remitir á Comunidade o ditame preceptivo sobre esta modificación regulamentaria, na súa condición de interesada
Galicia rexistrou un mes de xullo moi seco e extremadamente cálido, cunha vaga de calor histórica entre os días 11 e 15
O avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia conclúe que a anomalía media da temperatura foi de +2,7 ºC, a máis elevada da serie desde 1981
O Parque Nacional das Illas Atlánticas e Meteogalicia amplían a súa colaboración para a observación e seguimento do medio natural
O arquipélago das Cíes conta desde inicios deste mes de agosto con tres novas cámaras de alta resolución