Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

01/06/21 | 18:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da Heráldica como signo de identidade para divulgar as peculiaridades das entidades locais

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación da lámina “Liñaxes e armerías no reino de Galicia (séculos XIII-XVI)” de Eduardo Pardo de Guevara y Valdés

22/05/21 | 11:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de presentación de solicitudes para a III edición do Premio Empregado Público Innovador co obxectivo de ofrecer unha Administración pública máis eficiente e moderna

O prazo para presentar as propostas remata dentro de dous meses e será un comité de expertos o que valore as iniciativas relacionadas coa identificación de oportunidades e a actitude innovadora

19/05/21 | 14:13 | C. de Facenda e Administración Pública

Valeriano Martínez participa nunha xornada de portas abertas para o alumnado de primaria na semana do Goberno Aberto

As actividades comezaron onte e rematan este venres cun webinario sobre o Plan de Mellora de Calidade dos Servizos Públicos

19/05/21 | 11:04 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta anuncia a data do exame para cubrir 341 prazas do corpo auxiliar C2 ao que concorrerán máis de 10.000 aspirantes

As probas celebraranse o 20 de xuño segundo expuxo esta mañá na Comisión 1ª o director xeral da Función Pública, José María Barreiro

16/05/21 | 12:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada ao Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 os desafíos conxuntos e asuntos pendentes que ten con Galicia

O documento marca como principais obxectivos a mellora na aplicación do Ingreso Mínimo Vital ou a reforma do sistema de dependencia

14/05/21 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Monterrei no equipamento da Casa Consistorial e na mellora dun inmoble de uso social en San Cristovo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe os traballos realizados no edificio ao abeiro dunha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público

05/05/21 | 18:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta trasladará ao Goberno central a súa defensa no mantemento da oficialidade do topónimo Ría de Ribadeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a reunión da Comisión de Toponimia, na que se abordou este asunto trala petición de Asturias ao Estado para oficializar o nome Ría do Eo

05/05/21 | 15:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará este ano máis de 400 millóns de euros aos concellos para facer fronte ás súas necesidades específicas

A directora xeral de Administración Local pide ao Goberno central que clarifique o sistema de financiación autonómico e local para poder definir posteriormente as relacións financeiras entre a Xunta e as entidades locais

05/05/21 | 12:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 40.000 euros en melloras nas dependencias de Servizos Sociais do Concello de Porto do Son

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou hoxe as actuacións levadas a cabo no concello levadas a cabo grazas a unha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público.

30/04/21 | 16:12 | C. de Facenda e Administración Pública

Valeriano Martínez subliña que o novo Plan galego de estatística 2022-2026 afondará na transparencia, na calidade e na accesibilidade da información

O conselleiro de Facenda e Administración Pública presidiu hoxe o pleno do Consello Galego de Estatística