Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta rende homenaxe a Concepción Arenal no seu bicentenario cunha mostra que reúne algunha das súas primeiras composicións
Anxo M. Lorenzo puxo de manifesto a importancia de promover con esta iniciativa a “inmensa produción intelectual” da autora e divulgar así o seu legado
A Xunta impulsou desde abril a posta en marcha de case 4.500 accións culturais no marco do Plan de reactivación do sector
Román Rodríguez salientou o compromiso do Goberno por preservar o emprego cultural apoiando novos formatos e incentivando a cultura segura
Chega a Compostela a mostra inspirada no Camiño de Santiago na que participan 12 dos artistas galegos máis destacados
Ata o 25 de outubro, poderanse contemplar 23 pezas pictóricas, escultóricas e fotográficas de autores de diferentes xeracións e estilos
A Xunta presenta ao ocio nocturno un plan de reactivación con axudas para o alugueiro, a celebración de concertos e o mantemento do emprego
No encontro participaron representantes das vicepresidencias primeira e segunda; así como das consellerías de Emprego e Igualdade, e Cultura, Educación e Universidade
A Xunta convoca compañías e profesionais de danza para coproducir tres espectáculos co Centro Coreográfico Galego
Cada unha das propostas elixidas contará cunha achega máxima de 18.000 euros por parte da Agadic, ademais de ter á súa disposición a sede do CCG na Coruña para o seu desenvolvemento
O CGAI recupera en outubro ciclos de cinema dirixido por mulleres e proxecta ‘O que arde’ e ‘Pontevedra, Cuna de Colón’
A filmoteca galega exhibirá neste mes filmes dirixidos por Ida Lupino e Angela Schanelec dos ciclos adiados dende abril por mor do estado de alarma, ademais de dar continuidade á serie documental ‘Women Make Film’
A Xunta promove o teatro de títeres co seu apoio á celebración do Festival Galicreques de Santiago de Compostela
O encontro chega ao seu 25º aniversario cunha carteleira de 40 funcións a cargo de 20 compañías, cunha programación escolar gratuíta en liña e con cambios na súa estrutura debido á situación sanitaria
A escritora Célia Fraga gaña a sexta edición do Premio Nortear destinado a promocionar novos escritores de Galicia e o Norte de Portugal
A súa obra ‘Ganapos’ foi elixida polo xurado entre as case 30 recibidas e recibirá un premio de 3.000 euros e a publicación dun mínimo de 500 exemplares
A VI Maker Faire Galicia, este ano totalmente online, contará cunha xornada destinada en exclusiva á educación
A feira de innovación, unha das máis importantes de Europa, desenvolverase do 18 ao 22 de novembro
Xunta e Concello de Santiago acordan crear un grupo de traballo para analizar a nova documentación sobre as estatuas do Mestre Mateo
Avanzárono o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, tras manter un encontro para abordar este asunto