Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

07/10/20 | 14:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta rende homenaxe a Concepción Arenal no seu bicentenario cunha mostra que reúne algunha das súas primeiras composicións

Anxo M. Lorenzo puxo de manifesto a importancia de promover con esta iniciativa a “inmensa produción intelectual” da autora e divulgar así o seu legado

07/10/20 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsou desde abril a posta en marcha de case 4.500 accións culturais no marco do Plan de reactivación do sector

Román Rodríguez salientou o compromiso do Goberno por preservar o emprego cultural apoiando novos formatos e incentivando a cultura segura

06/10/20 | 20:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Chega a Compostela a mostra inspirada no Camiño de Santiago na que participan 12 dos artistas galegos máis destacados

Ata o 25 de outubro, poderanse contemplar 23 pezas pictóricas, escultóricas e fotográficas de autores de diferentes xeracións e estilos

06/10/20 | 15:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta presenta ao ocio nocturno un plan de reactivación con axudas para o alugueiro, a celebración de concertos e o mantemento do emprego

No encontro participaron representantes das vicepresidencias primeira e segunda; así como das consellerías de Emprego e Igualdade, e Cultura, Educación e Universidade

06/10/20 | 13:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca compañías e profesionais de danza para coproducir tres espectáculos co Centro Coreográfico Galego

Cada unha das propostas elixidas contará cunha achega máxima de 18.000 euros por parte da Agadic, ademais de ter á súa disposición a sede do CCG na Coruña para o seu desenvolvemento

05/10/20 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAI recupera en outubro ciclos de cinema dirixido por mulleres e proxecta ‘O que arde’ e ‘Pontevedra, Cuna de Colón’

A filmoteca galega exhibirá neste mes filmes dirixidos por Ida Lupino e Angela Schanelec dos ciclos adiados dende abril por mor do estado de alarma, ademais de dar continuidade á serie documental ‘Women Make Film’

05/10/20 | 12:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove o teatro de títeres co seu apoio á celebración do Festival Galicreques de Santiago de Compostela

O encontro chega ao seu 25º aniversario cunha carteleira de 40 funcións a cargo de 20 compañías, cunha programación escolar gratuíta en liña e con cambios na súa estrutura debido á situación sanitaria

04/10/20 | 11:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A escritora Célia Fraga gaña a sexta edición do Premio Nortear destinado a promocionar novos escritores de Galicia e o Norte de Portugal

A súa obra ‘Ganapos’ foi elixida polo xurado entre as case 30 recibidas e recibirá un premio de 3.000 euros e a publicación dun mínimo de 500 exemplares

04/10/20 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A VI Maker Faire Galicia, este ano totalmente online, contará cunha xornada destinada en exclusiva á educación

A feira de innovación, unha das máis importantes de Europa, desenvolverase do 18 ao 22 de novembro

03/10/20 | 12:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Concello de Santiago acordan crear un grupo de traballo para analizar a nova documentación sobre as estatuas do Mestre Mateo

Avanzárono o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, tras manter un encontro para abordar este asunto