Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

19/02/21 | 14:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicítalle colaboración ao delegado do Goberno para axilizar a tramitación de proxectos autonómicos para a mellora do saneamento en Foz, Burela, Pontedeume ou Pontevedra

A Xunta prevé executar os colectores xerais e a depuradora de Foz, para o que leva solicitado e achegado documentación a Costas do Estado desde 2018

19/02/21 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez apela á colaboración e implicación dos concellos para traballar conxuntamente de cara a previr o risco de inundacións e minimizar as súas consecuencias

Avanza que a Xunta prevé aprobar este ano o Plan de xestión de risco de inundacións 2021-2027, someténdoo a información pública nos vindeiros meses

18/02/21 | 16:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta unha proposta de bonificacións das peaxes da AP-9 que incluirá a gratuidade na viaxe de volta dos vehículos lixeiros ou descontos do 60% para vehículos pesados

Alfonso Rueda avanzou este modelo de deducións para que os 50 M€ consignados nos PGE para descontos nas peaxes desta autoestrada se traduzan nunhas bonificacións útiles e xustas e eviten o incremento de beneficios á concesionaria

17/02/21 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta solicita ao Goberno central que licite un dos estudos informativos existentes da Saída Sur de Vigo, unha infraestrutura "clave" para a cidade, para Galicia e para a Eurorrexión

Salienta que o informe elaborado pola Xunta acredita que a Saída sur de Vigo permitiría: reducir custos de transporte; atraer novos tráficos de carga e descarga; e mellorar a conexión coa Plisan; e incrementar a actividade portuaria un 6%

16/02/21 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta de case 700.000 euros na senda de Alba en Pontevedra que permite facer máis humana e segura a PO-225 para veciños e peregrinos

O itinerario mellora a mobilidade dos condutores que van cara ás naves industriais e a seguridade dos peóns neste treito de vía coincidente co Camiño Portugués

16/02/21 | 11:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 15 ofertas para a redacción do proxecto construtivo de mellora do funcionamento hidráulico do río Maior en Sada por preto de 70.000 euros

Este contrato é o primeiro paso previsto no convenio de colaboración asinado co Concello para actuar no tramo final do río e minimizar o risco de inundacións no núcleo urbano, que recolle un investimento global de 1,57 M€

15/02/21 | 17:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez solicita o apoio do concello e dos empresarios de Santa Comba para demandar 10 M€ de fondos europeos de reconstrución para o acondicionamento da estrada AC-406

A Xunta xa solicitou ao Goberno central fondos do Plan de recuperación para darlle continuidade ás obras rematadas o pasado ano entre Abuín e o parque empresarial, que supuxeron un investimento autonómico de 4,3 millóns de euros

15/02/21 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Facenda e Administración Pública

O novo espazo Amizar da Coruña abrirá as portas antes do verán como un gran centro sanitario, administrativo e social co que a Xunta aforrará 750.000 euros ao ano en alugueiros

Vázquez Mourelle sinala que os traballos, case ao 40% de execución, consisten na rehabilitación da antiga delegación da Consellería de Sanidade para recuperala para a vida pública

15/02/21 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de canalización do rego de Portapego en Fonte Díaz para evitar asolagamentos

Estas obras de humanización contaron cun orzamento de preto de 44.000 euros e foron posibles grazas a un convenio de colaboración entre o Goberno autonómico e o concello

14/02/21 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana tarefas de roza e limpeza en varias estradas autonómicas da provincia de Ourense e de Lugo

Comezarán os traballos na OU-114 en Caldeliñas e Campo Becerros; e na OU-636 entre A Pobra de Trives e Freixido; ao tempo que continuarán as tarefas na OU-112 en Laza e Cerdedelo