Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

27/10/20 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anuncia a adxudicación da restauración da igrexa de San Xurxo de Torres en Vilarmaior por un importe de máis de 88.000 €

A intervención centrarase en realizar melloras estruturais e na renovación de toda a cuberta porque se atopa en moi mal estado

27/10/20 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta premia unha intervención artística efémera que converte nun faro xacobeo as Torres Hejduk do Gaiás

O proxecto ‘En terra firme’, presentado pola fotógrafa Ana Núñez e o artista sonoro Sebastián Sandoval, gaña o VIII Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, enmarcado na programación do Xacobeo 2021

27/10/20 | 12:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 30 centros educativos incorpóranse a 'Radio na Biblio', que xa suma 109 participantes

O programa ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar

26/10/20 | 18:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta entra no Padroado da Fundación Sargadelos para impulsar a marca como gran referencia cultural de Galicia

O conselleiro Román Rodríguez anuncia este acordo co que o Goberno galego dá un novo paso na reactivación do legado cultural de máximo nivel dunha da firmas máis simbólicas do país

26/10/20 | 17:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 leva a Vigo o musical Aladino e a lámpada marabillosa

O secretario xeral de Política Lingüística e a delegada territorial da Xunta na cidade olívica asistiron hoxe á primeira función do espectáculo infantil e familiar inspirado no clásico das mil e unha noites que ofrece a Sala Ártika durante esta semana

26/10/20 | 13:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A escavación subacuática impulsada pola Xunta en Ribadeo saca á luz valiosos restos do galeón San Giacomo dei Galizia

Nesta terceira campaña localizouse unha cureña, un tipo de carro para transportar pezas de artillería, e obtívose unha visión transversal do costado de babor

26/10/20 | 12:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAI celebra mañá o Día do Patrimonio Audiovisual coa estrea en Galicia da restauración da primeira película polícroma española

Colaborou con Filmoteca Española na recuperación da cor orixinal de ‘Pontevedra, cuna de Colón’, fita rodada en 1927 polo fotógrafo, cineasta e investigador Enrique Barreiro

25/10/20 | 12:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un Museo Centro Gaiás virtual acolle en novembro a Maker Faire Galicia que estrea un novo formato en liña

Unha recreación virtual en 360 graos deste espazo será o marco no que as persoas que se conecten desde calquera lugar poidan interactuar cos proxectos expostos no encontro, unha das feiras ‘maker’ máis importantes de Europa

25/10/20 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta localiza as comunicacións de nacemento de Maruja Mallo e Ramón Villar Ponte nos arquivos dos xulgados de Viveiro

O descubrimento realizouse durante as tarefas de clasificación, ordenación e descrición do arquivo do xulgado de primeira instancia e instrución

24/10/20 | 12:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os ‘Magostos no Gaiás’ arrancan hoxe co concerto de Luar na Lubre, retransmitido en liña polo youtube da Cidade da Cultura

A esta actuación seguiranlle a de Sumrrá e a de Milladoiro, os sábados 31 de outubro e 14 de novembro, tamén ás 20 horas no Museo Centro Gaiás