Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

29/10/20 | 17:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Concello de Santiago acordan a composición do grupo de expertos para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo

O equipo estará formado por oito especialistas nos ámbitos da cultura, a arte e a xurisdición civil e penal e presidido polo profesor da USC Emilio Grandío

29/10/20 | 17:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica a restauración de Santo Estevo de Ribas de Miño para continuar mellorando o patrimonio da Ribeira Sacra

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que os traballos contan cun orzamento de 312.000€ e permitirán actuar nas cubertas e muros da igrexa, que é BIC desde 1931

29/10/20 | 15:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 24 obras de arte contemporánea de 20 artistas galegos incorpóranse á colección do CGAC

A Xunta é única institución pública que promoveu unha acción de compra extraordinaria de obra artística destas características en apoio a artistas e galerías

29/10/20 | 11:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta achega o Museo Gaiás ás aulas a través dun programa pioneiro en Galicia de visitas didácticas por videoconferencia

Ofrece aos centros de ensino unha alternativa ás saídas escolares programadas, nun momento no que se viron limitadas polas medidas de contención da covid-19
 

28/10/20 | 20:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avanza que a Xunta impulsará a dixitalización dos museos na nova lei que inicia a súa tramitación parlamentaria

O representante do Goberno galego aposta polas actividades culturais seguras na apertura da nova mostra do Museo de Belas Artes da Coruña

28/10/20 | 18:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez agradece á USC o seu compromiso por contribuír a facer de Galicia líder en formación en valores

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participou esta tarde na presentación da guía didáctica sobre balnearios dirixida ao alumnado escolar, que promove a Cátedra de Hidroloxía Médica do profesor Juan Gestal

28/10/20 | 17:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
28/10/20 | 11:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O programa da Xunta 'Cultura no Camiño+' pecha este ano con 410 actuacións, a cifra máis alta da súa historia pese á covid-19

O Plan de reactivación do sector cultural posibilitou o aumento do esforzo orzamentario nesta iniciativa para levar a cabo unha versión ampliada, a través da que se contrataron máis de 160 grupos e compañías profesionais galegas

27/10/20 | 17:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa unha trintena de actividades para celebrar este novembro o mes da ciencia en galego nas súas bibliotecas

De forma paralela, estimularase a celebración de iniciativas de divulgación científica nas bibliotecas escolares

27/10/20 | 16:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional