Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

04/12/20 | 11:09 | C. de Sanidade

Profesionais, usuarios e colectivos de pacientes convocados a unha posta en común sobre a humanización no Sergas

A xornada, de carácter virtual, contou con relatores con experiencia en accións de humanización nos centros sanitarios galegos

03/12/20 | 15:57 | C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba as OEP para o ano 2020 da Administración Xeral e do Sergas que sumadas ás do eido educativo acadan as 7.601 prazas, a cifra máis alta dos últimos 12 anos

Feijóo salienta que a oferta de emprego público da Administración Xeral ascende a 2.962 prazas e a do Servizo Galego de Saúde a 985 prazas

02/12/20 | 21:50 | C. de Sanidade

Sanidade valora positivamente a existencia dun documento marco para as celebracións do Nadal á espera de que as súas alegacións sexan incorporadas

O comité clínico avaliará a necesidade de introducir adaptacións específicas para Galicia no documento marco

02/12/20 | 17:42 | C. de Sanidade

O Sergas recibe a máxima distinción da Rede Global de Hospitais Verdes pola súa traxectoria en favor dunha Sanidade comprometida co medio ambiente

O departamento sanitario galego obtén dous premios de ouro, nas modalidades de resiliencia e liderado, polo amplo conxunto de iniciativas encamiñadas a lograr a máxima eficiencia, calidade e sustentabilidade do sistema sanitario en Galicia

02/12/20 | 13:37 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia unha suavización das restricións e pide prudencia para que os reencontros que poden empezar a producirse sexan responsables

Incide en que os pasos adiante que se dan nas distintas zonas non se interpreten como un síntoma de relaxación: “Non hai razón para confiarnos, porque segue habendo contaxios e porque canto máis nos abrimos máis risco hai. E por iso pido máis responsabilidade que nunca”

02/12/20 | 13:32 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lanza a campaña de promoción da doazón de medula ósea

ADOS promove a doazón de medula ósea en colaboración coa Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea (ASOTRAME), co lema: Doa medula ósea

01/12/20 | 14:41 | C. de Sanidade

Sanidade conmemora o Día Mundial da Sida destacando a importancia da prevención por ser o muro de contención da infección e da posterior enfermidade

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, entregou os premios de investigación sobre o VIH e outras infeccións de transmisión sexual

01/12/20 | 12:44 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 7.646 casos activos por coronavirus

Un total de 43.618 pacientes xa están curados