Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

09/03/21 | 15:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta contempla este ano un orzamento de 278.000€ para a mellora de camiños municipais nos sete concellos da bisbarra de Caldas ao abeiro do Plan Marco

O delegado territorial, Luis López, acude ao Concello de Portas, para o que están consignados 43.168€ deste programa, e visita co alcalde, Ricardo Martínez, a parroquia de Lantaño, que será a beneficiaria desta actuación

09/03/21 | 14:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada AC-552 en Arteixo por importe de case 1,6 M€

Este contrato asinarase nos vindeiros días co obxectivo de que os traballos poidan comezar na segunda quincena de abril

09/03/21 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co concello de Vilariño de Conso no reforzo da seguridade viaria na contorna do CEIP San Martiño cun investimento de case 26.000 euros

Actuarase na vía OU-0701 na que se atopa tamén un viveiro de empresas, o albergue de peregrinos e a futura residencia, en construción

09/03/21 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as obras da primeira fase de mellora da estrada LU-231 entre Friol e Palas de Rei, que suporán un investimento de 3 millóns de euros

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se actuará sobre 9,4 quilómetros, ensanchando a calzada e corrixindo algunhas curvas, entre outros aspectos

09/03/21 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado da Xunta na Coruña avanza a licitación das obras de mellora da seguridade viaria na AC-840 entre Porzomillos e Oza que suporán un investimento de máis de 482.000 euros

Gonzalo Trenor detalla que se trata de dúas intervencións, a reordenación dunha intersección e a execución dunha senda, que facilitarán os movementos seguros dos usuarios máis vulnerables da estrada e mellorarán a seguridade viaria nesa contorna

09/03/21 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
09/03/21 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para completar o acondicionamento da estrada OU-154 no Reino, en Piñor

O contrato, cun prazo de 6 meses, incluirá a mellora das redes de electricidade, do alumeado público e de telefonía

08/03/21 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina máis de 771.000€ a 16 concellos da área da Coruña para mellorar a súas infraestruturas rurais

O obxectivo do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas e do plan de infraestruturas rurais é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais mediante o acondicionamento das súas principais vías de comunicación

08/03/21 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
08/03/21 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento de 335.000€ na mellora da conexión da vía rápida do Salnés coa PO-504 en Sanxenxo coa fin de mellorar a fluidez de tráfico e reducir os atascos do verán

As empresas interesadas en acometer esta actuación teñen ata o 5 de abril para presentar as súas ofertas, co obxectivo de poder iniciar as obras despois do verán