Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

14/11/20 | 11:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A escavación arqueolóxica impulsada pola Xunta e a UVigo na Ciadella determina a cronoloxía da ocupación no campamento

Román Rodríguez celebra os novos achados que permiten afondar no coñecemento deste importante asentamento militar do século I despois de Cristo

13/11/20 | 16:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibe á directiva da Coral Casablanca

A representante autonómica puxo en valor a colaboración permanente coa Coral Casablanca e referiuse ao recente evento solidario da entidade no Museo do Mar

13/11/20 | 14:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo na celebración da súa 42ª edición con máis de 100 títulos

A mostra, que se desenvolverá do 23 ao 28 de novembro en seis espazos da cidade, conta cunha achega de preto de 9000 euros a través das subvencións a festivais galegos do sector audiovisual

13/11/20 | 14:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima a aproveitar o Día das Librarías para seguir impulsando a reactivación do sector do libro

Salienta o papel que xogan estes profesionais e os seus negocios na divulgación da cultura e o coñecemento como de “nexo de unión entre o público e os creadores”

12/11/20 | 20:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez chama a fixarse no legado de Carvalho Calero para que a lingua continúe sendo un elemento de unión cultural

Lembrou que segundo o último informe PISA Galicia é a comunidade autónoma onde o alumnado fala dúas linguas con máis facilidade

12/11/20 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura transforma as Hejduk nun banco sonoro e visual de experiencias do Camiño de Santiago durante o ano da pandemia

É unha proposta artística do Colectivo Cantz, formado polos artistas visuais Felipe Romero (Colombia) e Marius Ionut Scarlat (Romanía), que gañou o VII Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk

12/11/20 | 12:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha os traballos para restaurar e conservar a basílica de Santa María a Maior

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, e a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, supervisaron hoxe as obras que contan cun investimento de máis de 275.000 euros

09/11/20 | 12:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica a restauración da igrexa de Nosa Señora das Dores cun investimento de preto de 240.000 euros

A intervención centrarase en resolver as patoloxías que impiden a súa utilización de forma segura e que cómpre solucionar de cara a evitar un maior deterioro

08/11/20 | 17:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O grupo de expertos para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo reunirase por primeira vez o vindeiro mércores

Creado a iniciativa da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, está formado por nove especialistas nos ámbitos da cultura, a arte e a xurisdición civil e penal

07/11/20 | 12:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avanza que a Xunta adxudicará este mes as obras de rehabilitación no Convento de Herbón

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade visitou hoxe este ben de gran valor para o Camiño Portugués e a comarca de Santiago