Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Sanidade:

23/11/20 | 11:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta a formación para o profesorado sen máster co fin de manter os estándares de calidade do ensino galego

O obxectivo é facilitar aos profesionais unha cualificación que facilite o seu labor, ao tempo que se garante ao alumnado a mellor formación dos seus docentes

22/11/20 | 14:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta culmina a primeira fase da limpeza da escultura pétrea da Virxe descuberta no río Sar

O equipo de expertos eliminou a capa vexetal e parte das sustancias depositadas na superficie da peza, como unha pequena pedra encaixada no manto

21/11/20 | 13:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e RAG presentan o expediente de incoación do BIC da biblioteca de Pardo Bazán, que protexe 10.855 volumes

Publicarase no Diario Oficial de Galicia a vindeira semana e suporá a aplicación provisional do réxime de tutela previsto na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia

20/11/20 | 15:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A candidatura da Ribeira Sacra será avaliada polo comité da Unesco en China no verán de 2021

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, participou hoxe na reunión do Consejo de Patrimonio Histórico

20/11/20 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta renova o compromiso con Culturgal na aposta por levar o evento a máis público cunha ampla retransmisión en liña

A Consellería de Cultura é a patrocinadora principal do encontro, ao que apoia tanto economicamente como na organización de presentacións, proxeccións, espectáculos teatrais ou os concertos de Susana Seivane, Luar Na Lubre e Os d’Abaixo

18/11/20 | 19:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/11/20 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta sensibiliza contra a violencia machista cun mónologo teatral na Cidade da Cultura coa actriz Estíbaliz Veiga

A compañía galega aAntena produce esta peza que se escenificará o vindeiro martes 24 de novembro no Museo Centro Gaiás

17/11/20 | 11:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Carme Varela álzase co XXV premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Esther F. Carrodeguas e Carlos Losada-Galináns, cos XIV Barriga Verde para monicreques

O xurado dos certames literarios que a Xunta convoca a través da Agadic recoñeceu ‘As desterradas’ co primeiro destes galardóns, mentres que o segundo foi para ‘República Sideral’ na modalidade para adultos e ‘Pois eu!’ en textos para rapaces

15/11/20 | 11:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta constitúe a comisión interdepartamental da Ribeira Sacra, ferramenta clave na coordinación de actuacións e investimentos na súa candidatura a patrimonio mundial

Participan neste órgano sete consellerías da Xunta que, no seu conxunto, están investindo 34M€ neste territorio de Lugo e Ourense a través dun plan específico

14/11/20 | 15:34 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta o feito histórico de 'reinaugurar' a Catedral, en todo o seu esplendor, 800 anos despois da súa construción

Destaca que o templo estará listo para abrir a Porta Santa e iniciar o Xacobeo 2021 tras unha das maiores actuacións realizadas nun Patrimonio Mundial