Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

25/11/20 | 14:32 | Secretaría Xeral de Emigración

O concurso do programa 'Un Nadal de Contos' da Aula Galicia Aberta premiará aos 50 nenos e nenas que remitan debuxos das emisións

Os interesados deberán enviar, como mínimo, un debuxo de calquera dos dous contacontos que se emiten cada semana ata o 26 de decembro ao correo aulagaliciaberta.emigracion@xunta.gal

25/11/20 | 14:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta a aposta incondicional da Xunta pola cultura, que aumentará un 27% o seu orzamento en 2021

Indicou que a cultura galega se reforzará con 94 millóns de euros en 2021 e que o esforzo inversor se incrementará nun 86%

25/11/20 | 11:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O DOG publica o expediente de incoación do BIC da biblioteca de Pardo Bazán que supón a protección inmediata de 10.855 volumes

A colección está composta por 7.883 volumes custodiados na sede da Real Academia Galega e 2.972 rexistros que continúan aínda no interior de Meirás

24/11/20 | 18:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Casa da Cultura de Xinzo de Limia renova a súa cuberta ao abeiro das subvencións para a mellora de equipamentos da Xunta

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe as súas instalacións

24/11/20 | 17:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta renova en 2021 'Escenas do cambio' concentrando nunha fin de semana 11 propostas provenientes de cinco países

O festival conta en primicia coa última performance de Ana Matey e a peza ‘Escenas en danza’, creada para o Gaiás por seis das mellores bailarinas galegas

24/11/20 | 14:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora no 14º 'pitching' do Clúster Audiovisual Galego para impulsar novos proxectos de cinema e televisión

O director da Agadic participou na clausura da sesión de presentacións das 18 propostas seleccionadas, que foi seguida en liña polos responsables de contidos de coñecidas canles televisivas, plataformas, produtoras e distribuidoras

24/11/20 | 13:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia convértese durante dez días no escaparate do circo a nivel estatal co IV Congreso CircoRed e o encontro D10!

A Xunta apoia a promoción do novo circo galego coa celebración na Cidade da Cultura destes dous eventos cos que colabora a Agadic

23/11/20 | 17:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia colabora na exposición ‘Afonso X e Galicia’, no 800 aniversario do seu nacemento

A mostra, impulsada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Consellería de Cultura, a Deputación de Ourense e a USC, explora a faceta humana e intelectual, así como a conexión de Afonso X con Galicia

23/11/20 | 16:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta amosa a obra do artesán Frank Buschmann a través dunha exposición en Pontevedra

A mostra individual “Feito de estrelas” poderase visitar ata o 22 de decembro e está dedicada ao ebanista artesán gañador do Premio Artesanía de Galicia 2019 e do Antonio Fraguas 2020, na categoría de Artesanía Tradicional