Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Igualdade:

19/05/21 | 16:51 | C. do Medio Rural

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán pon en valor o seu material xenético para avanzar na prevención de doenzas e para anticiparse ao cambio climático

O obxectivo é obter copias do material para completar os bancos de clons e crear novas réplicas noutros terreos públicos, conseguindo deste xeito o seu rexuvenecemento e conservación

18/05/21 | 13:28

Axentes da Consellería de Medio Ambiente interceptan en Forcarei a un furtivo con máis de 30 troitas por debaixo da talla legal

O pescador será denunciado por exceder o cupo máximo de capturas, establecido en seis troitas por persoa e día, e por pescar exemplares con medida ilegal

15/05/21 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Cambeda no concello de Vimianzo

Os traballos estanse a desenvolver en distintos tramos do río ao seu paso polas parroquias de San Xoán de Cambeda, San Xoán de Calo e San Vicenzo de Vimianzo

14/05/21 | 13:49

Cada galego reciclou ao redor de 15 kg de envases de plástico, latas e briks en 2020, preto dun 13% máis que o ano anterior

En vésperas do Día mundial da reciclaxe, que se celebrará o vindeiro 17 de maio, a responsable autonómica salienta o compromiso coa recollida selectiva de toda a sociedade galega que, asegura, “recicla cada vez máis e mellor”

14/05/21 | 12:01

A Xunta investiu no último lustro máis de 3 M€ para converter ao Laboratorio de Medio Ambiente nun referente internacional na investigación e vixilancia na loita contra o cambio climático

Ángeles Vázquez salienta que o incremento substancial da súa actividade nos últimos anos, cun aumento dun 98% en número de mostras e dun 242% no número de determinacións extraídas, son un exemplo da importancia e do bo traballo deste centro

11/05/21 | 12:29

As praias galegas obteñen 111 bandeiras azuis e a comunidade suma o maior número de sendeiros galardoados do Estado

Galicia recibe un total de 155 distintivos entre areais, portos deportivos, sendeiros azuis e centros azuis

09/05/21 | 12:43

A Ribeira Sacra entra na recta final para a súa declaración oficial como Reserva da Biosfera pola Unesco este mesmo ano

O territorio proposto na candidatura, que abrangue 23 concellos de Lugo e Ourense, entrará tamén no reparto dos fondos europeos do Plan de recuperación económica estatal, grazas a que a Xunta reclamou expresamente a súa inclusión

08/05/21 | 12:10

A Xunta renova os convenios de colaboración con 59 entidades de pesca para traballar conxuntamente na conservación e mellora dos ríos galegos

“Trátase dunha medida efectiva para protexer aqueles lugares que, en moitas ocasións, só son coñecidos polos pescadores”, subliña a conselleira

08/05/21 | 12:10

Ángeles Vázquez salienta o traballo das entidades de control de calidade da edificación para a conservación e mellora do patrimonio inmobiliario de Galicia

A conselleira subliña o papel que teñen para a calidade da edificación, pois son unha garantía de control independente de moitos aspectos dunha obra, como a recepción de produtos, materiais e execución das obras