Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 323 novas da área temática Deporte:

22/10/21 | 11:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo de inscrición do curso de especialización en financiamento europeo da Fundación Galicia Europa

Ao longo de cinco xornadas, repartidas entre o 9 e o 19 de novembro, os asistentes abordarán todos os aspectos relativos ao novo Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 e ao novo instrumento temporal de recuperación Next Generation UE

21/10/21 | 12:14 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega pon en marcha a quinta edición do programa 'Tecnólog@ por un día' con máis de 60 prazas para estudantes de 12 a 17 anos

Dende hoxe e ata o 3 de novembro os docentes dos centros educativos poden inscribir aos seus alumnos e alumnas no programa

21/10/21 | 09:52

A Xunta leva os seus programas de formación para o emprego e liderado feminino á feira Edugal

A Consellería de Emprego e Igualdade divulga nun stand propio na feira de Pontevedra o seu pioneiro campus virtual de formación para o emprego e os programas para favorecer a empregabilidade de traballadores menores de 30 anos

20/10/21 | 16:11

Fernández-Tapias fixa a formación dos desempregados como aposta estratéxica da Xunta cara a multiplicar as oportunidades laborais dos galegos

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou hoxe nunha sesión técnica informativa dirixida ás entidades beneficiarias dos cursos de acción formativa

20/10/21 | 14:03

A Xunta estrea con máis de 800 usuarios o campus virtual en igualdade laboral e presenta unha nova guía para previr e tratar o acoso sexual nas pemes

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destaca que Galicia convértese na primeira comunidade autónoma en impartir formación específica on line en eidos referidos a plans de igualdade na empresa, conciliación e corresponsabilidade, acoso laboral ou teletraballo

19/10/21 | 14:10

Fernández-Tapias destaca o alto nivel de inserción laboral dos obradoiros de emprego da Xunta, superando o 60 por cento na maioría das especialidades formativas

A delegada da Xunta, Marta Fernández-Tapias, asistiu hoxe á presentación da nova web do Museo Meirande de Redondela, deseñada polo alumnado de Redempreg@

19/10/21 | 13:29

A Xunta incrementa un 9,2% os orzamentos de Emprego e Igualdade que inciden na cualificación das persoas traballadoras ante os retos do mercado laboral

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia onde referendou o compromiso da Xunta pola formación cara á inserción laboral e á mellora da empregabilidade

14/10/21 | 19:30

A Xunta destaca que a igualdade no traballo aumenta a competitividade das empresas, mellora o clima laboral e reduce o absentismo

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe por videoconferencia nunha reunión da comisión de igualdade laboral que integran a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) e compañías ourensás

A Xunta incrementou este ano nun 30,6% o programa de axudas destinado a promover entre os autónomos e as pequenas e medianas empresas (pemes) a igualdade laboral, a conciliación da vida laboral, familiar e persoal e a Responsabilidade Social Empresarial (RSE)

Mancha puxo en valor o novo espazo dixital de teleformación en igualdade laboral que ten posto en marcha a Xunta con cursos sobre conciliación, teletraballo ou prevención do acoso, entre outros

14/10/21 | 15:55 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta comeza a tramitar o anteproxecto de decreto de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada da Comunidade

Feijóo explica que ten un triplo obxectivo: regularizar e harmonizar o labor docente dos especialistas e médicos residentes, optimizar a calidade no proceso de formación especializada e incrementar o número de facultativos na sanidade pública

13/10/21 | 11:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para o día 25 de outubro as probas de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril

Os exames realizaranse na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago, cumprindo coas medidas de prevención fronte á covid-19