Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

30/12/21 | 11:46

A Xunta investirá preto de 1,7 M€ no control e seguimento da calidade das augas da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa nos vindeiros dous anos

Augas de Galicia e o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia renovan a colaboración para o seguimento do estado das masas das augas continentais, costeiras e de transición de competencia autonómica

28/12/21 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis 1,4 millóns de euros a explotación e mantemento da depuradora da Pobra do Caramiñal nos vindeiros 2 anos

Este contrato inclúe a xestión da explotación e conservación das instalacións para que cumpran os obxectivos de depuración en condicións óptimas de funcionamento

26/12/21 | 16:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 4 ofertas para desenvolver un sistema de optimización do consumo enerxético e garantir a calidade da auga vertida nas depuradoras, cun investimento de 2 M€

A solución probarase nas depuradoras de Baiona, Nigrán e Gondomar, co fin de cubrir o maior rango de procesos habituais destas instalacións de pequeno e mediano tamaño

Trátase de desenvolver un servizo de tratamento e análise avanzado de datos en tempo real para facilitar a toma de decisións na xestión das depuradoras e de implantar os principios da economía circular no ciclo da auga
O sistema enmárcase no proxecto Innovaugas 4.0, promovido pola Xunta para buscar solucións novidosas na xestión das augas, atendendo ao contexto do cambio climático

26/12/21 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 3 empresas para executar a renovación da rede de abastecemento en Magros, no concello de Beariz, licitada por preto de 93.000 €

Dotarase dunha nova rede de abastecemento aos barrios de Aldea de Arriba e Aldea de Abaixo que asegure un caudal de auga mínimo ás vivendas e ás bocas da rega

23/12/21 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa comunidade de usuarios de Augas Parada e Rocha de Ponteareas na mellora e modernización do servizo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as instalacións nas que o Goberno galego investiu máis de 16.000 euros

22/12/21 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Rois asinan por 915.000 € a colaboración para executar a nova depuradora de Urdilde, que se iniciará no segundo semestre de 2022

Vázquez Mourelle sinala que a obra, que a Xunta executará e financiará nun 80%, resolverá as carencias de funcionamento da actual depuradora, os problemas de acceso para realizar as operacións de mantemento e acurtará a distancia ata o punto de vertido

21/12/21 | 14:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas de empresas interesadas en executar a senda entre a Moureira e Palmás, en Moaña, que suporá un investimento de 1,6 M€

As obras deste novo itinerario na estrada PO-551 comezarán na primavera e terán un prazo de execución de 12 meses

21/12/21 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Unha delegación de senadores franceses coñece a experiencia de rexeneración ambiental e de recuperación do lago das Encrobas da man de Augas de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade atende cunha visita ao lago, en Cerceda, o interese da delegación francesa na experiencia de transformación da antiga mina de carbón do municipio

17/12/21 | 14:03

A Xunta conclúe o trámite ambiental da revisión do Plan especial de seca da demarcación Galicia-Costa

O DOG publica hoxe a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático do informe ambiental estratéxico, no que conclúe que non se agardan efectos ambientais adversos significativos

16/12/21 | 11:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina 82.000 euros á Fonsagrada para obras de saneamento e abastecemento

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se achegou financiamento, a través da liña de axudas impulsada pola Xunta, para renovar parte da condución e construír un tanque de tormentas