Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

22/03/21 | 15:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras da nova senda peonil e ciclista entre Bagüín e Seixo no concello de Marín

A actuación, contratada por preto de 565.000 €, prevé o seu comezo na segunda quincena de abril, co obxectivo de rematala a finais de ano ou principios de 2022

22/03/21 | 12:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Gonzalo Trenor supervisa o remate das obras das sendas en Fontán e entre Mandín e As Torres, nos concellos de Sada e Oleiros

Construíronse 2 itinerarios mixtos nas estradas autonómicas AC-163 e AC-182, de 2 metros de ancho que suman case 1 quilómetro de novas sendas

22/03/21 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 845.000 euros as obras dunha nova senda entre Carballo e Coristanco

A actuación comezará na segunda quincena de abril e o obxectivo é poder rematala a finas deste ano, xa que o prazo de execución é de 8 meses

22/03/21 | 11:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para a execución dunha nova senda na estrada AC-133 entre Franza e Rilo, no Concello de Mugardos

Os traballos, contratados por máis de 380.000 euros, prevén o seu comezo na segunda quincena de abril e o obxectivo é executalos este mesmo ano

21/03/21 | 11:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza en catro estradas das provincias de Ourense e de Lugo

Comezan as limpezas e rozas na OU-536, ao seu paso polos concellos de Ourense, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Maceda, Castro Caldelas e A Pobra de Trives; na OU-636, na Pobra de Trives e Larouco; e na OU-637, en Larouco e Petín

20/03/21 | 10:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do novo Plan de seguridade viaria de Galicia 2021-2025, co obxectivo de aproximarse á meta de cero vítimas de tráfico nas estradas autonómicas

Este contrato, licitado por un importe de case 145.000 euros, conta cun prazo de presentación de ofertas que rematará o vindeiro 5 de abril

19/03/21 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/03/21 | 11:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución do bombeo de augas residuais nas Quintas e A Gradeira, no Concello de Toén

O contrato, cun investimento de preto de 38.000 euros, conta cun prazo de execución de 3 meses

18/03/21 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras de mellora do abastecemento ao parque empresarial de Vilamarín e aos núcleos das Quintás e da Ría

A Xunta, a través de Augas de Galicia, investiu neste proxecto de abastecemento de auga un importe de máis de 165.000 euros

18/03/21 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gonzalo Trenor supervisa as obras de mellora de firme na AC-400 ao seu paso por Mazaricos e Santa Comba

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste máis de 47.000 euros nesta actuación para a mellora da seguridade viaria na zona