Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

24/03/21 | 11:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca axudas por importe de 4 M€ destinadas aos concellos de menos de 5.000 habitantes para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración

Os incentivos terán o límite máximo de 50.000€ por solicitude, podendo presentar cada concello dúas, unha para mellorar os servizos de abastecemento e outra para a modernización ou nova construción de instalacións de saneamento e depuración

23/03/21 | 17:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita a renovación integral do firme e a modernización do balizamento da estrada autonómica PO-212 entre Rodeiro e Agolada por 1,1 M€

O delegado territorial da Xunta, Luis López, anuncia esta actuación, orientada ao reforzo da seguridade viaria e mellora da mobilidade, nunha visita a esta vía autonómica cos alcaldes de Rodeiro e Agolada, Rubén Quintá e Luis Calvo

23/03/21 | 16:37 | A Presidencia da Xunta

Feijóo aborda cos alcaldes da Baixa Limia os proxectos clave para a comarca e a súa competitividade

Subliña que a Xunta está a redactar o proxecto para o acondicionamento da estrada autonómica OU-540, entre Celanova e a fronteira con Portugal, cun investimento de 11,5 millóns de euros

23/03/21 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Diario Oficial de Galicia publica o cambio de titularidade a prol do Concello de Triacastela dun treito antigo da estrada LU-633 coincidente coa traza do Camiño Francés

O municipio asume un antigo tramo en curva duns 112 metros de lonxitude que descorre moi próximo ao casco urbano, destinado a uso público e de recreo

23/03/21 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que no mes de maio os menores de 21 anos de toda Galicia poderán viaxar gratis no transporte interurbano da Xunta coa tarxeta Xente Nova

Defende como un “deber” da Xunta a defensa dos intereses de Galicia con demandas como as bonificacións da AP-9 ou infraestruturas como a conexión de Lugo co AVE, o tren a Punta Langosteira ou a Saída Sur de Vigo

23/03/21 | 11:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 3 M€ para financiar obras de conservación e mellora da seguridade e accesibilidade en vivendas

O delegado territorial informou tamén da nova convocatoria de axudas do programa para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, xa aberta dende xaneiro ata o 31 de xullo para presentar as solicitudes

22/03/21 | 19:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta, o Concello e os empresarios de San Cibrao abordan o estudo para a execución dunha terminal ferroviaria de mercadorías que reforce á competitividade deste polo industrial

A entidade empresarial elaborou un anteproxecto da actuación, que lle corresponde impulsar ao Goberno de España, responsable das infraestruturas ferroviarias

22/03/21 | 17:04 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta analiza con Cogami os elementos que garanten a accesibilidade da estación intermodal de Santiago

Os desprazamentos de persoas con mobilidade reducida facilítanse a través de ascensores ás dársenas e coas ramplas de acceso desde a cidade ao complexo intermodal e de conexión entre a estación de autobuses e a de ferrocarril

22/03/21 | 15:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de estabilización do muro do aparcadoiro do Hospital Materno Infantil da Coruña

As actuacións consistirán na reconstrución do muro que sufriu desprendementos como consecuencia do mal estado dunha tubaxe e das fortes chuvias de decembro