Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

10/12/20 | 18:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta 'Un lugar afastado', a nova entrega de Beto Luaces que completa a triloxía 'VICVS', expoñente de novela negra ambienta en Vigo

A obra, que é unha das más lidas e vendidas na cidade, relata a figura de Alfonso Graña, un galego de Avión que chegou a ser o rei dos xíbaros

09/12/20 | 20:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo aposta por "restituír a esencia de Meirás" e convertelo nun Faro da Igualdade sen esquecer a etapa franquista

Salienta que a Xunta está traballando nun plan de usos do Pazo con dúas vertentes: potenciar a importancia da muller na creación intelectual e aproveitar o legado de Emilia Pardo Bazán como unha das pioneiras do feminismo en España

09/12/20 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove a difusión dos valores da obra de Neira Vilas a través do V concurso 'Balbino' de relatos

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da obra galardoada, que recaeu en ‘Bica de Montouto’, de Pepe Peinó

09/12/20 | 11:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforzará a Lei de museos cun 12% máis de investimento en 2021 para impulsalos como xeradores de coñecemento e riqueza

Román Rodríguez presenta no Parlamento esta norma, coa que Galicia completa a regulación das súas institucións culturais tras as bibliotecas e os arquivos

08/12/20 | 11:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á difusión do cinema galego no seu premiado percorrido polo circuíto de festivais internacionais

A Consellería de Cultura acaba de adxudicar 24.000 euros a nove produtoras galegas a través da convocatorias de axudas para a promoción de filmes galegos seleccionados en destacados certames audiovisuais

07/12/20 | 16:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
07/12/20 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta coproducirá os novos espectáculos de danza de Andrea Quintana, Javier Martín e Kirenia Martínez Acosta

A Consellería de Cultura publica na web da Agadic a adxudicación destes tres contratos en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego por un importe global de máis de 50.000 euros

07/12/20 | 11:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta un espazo web de referencia sobre o universo de Díaz Pardo que completa a exposición 'As miradas de Isaac'

A páxina ‘Isaac Díaz Pardo. Memoria viva’ conta con máis de 150 recursos dixitais nos que figuran fotografías, vídeos ou documentos históricos, algúns deles inéditos

06/12/20 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recupera para o patrimonio público un mural realizado por Seoane na Arxentina que se exhibirá agora no Museo Gaiás

A obra foi inicialmente concibida para a separación de dous espazos na fábrica de Porcelanas de Magdalena, fundada por Isaac Díaz Pardo a carón do Río da Prata

06/12/20 | 10:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca o programa de Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2020-21

Esta iniciativa ten como finalidade estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado e as familias, consolidar os espazos bibliotecarios como eidos de fomento da inclusión e a igualdade