Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

30/03/21 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aplicará desde o 1 de abril descontos por recorrencia nas viaxes en transporte público aboadas coa tarxeta TMG

Os usuarios que fagan habitualmente os mesmos traxectos obterán unha rebaixa do 25% cando superen as 20 viaxes no mesmo mes e do 50% a partir de 40 viaxes

29/03/21 | 14:38 | C. do Medio Rural

A Xunta dota este ano dun orzamento de case 400.000€ á bisbarra de Terras de Pontevedra para a mellora de camiños municipais ao abeiro do Plan Marco

O delegado territorial, Luis López, anuncia que o Concello de Barro ten consignados para este exercicio 37.828€ deste programa e supervisa a actuación realizada en Faxil e Cancela coa anterior convocatoria, na que se investiron preto de 33.000€

29/03/21 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que o acondicionamento da estrada PO-331 en Gondomar reforza a seguridade e mellora o acceso ao polígono da Pasaxe cun investimento da Xunta de 435.000 euros

Subliña que a actuación, coordinada co Concello e cos empresarios do polígono, se centrou no treito máis industrial da estrada e tamén nos accesos a esta área

29/03/21 | 11:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de construción dunha senda na estrada PO-551, entre A Moureira e Palmás, no concello de Moaña

A intervención supón un investimento de arredor de 1,7 millóns de euros nos que se inclúe o pagamento dos 26 predios necesarios para a súa execución

27/03/21 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continúa a vindeira semana cos traballos de roza e limpeza en distintas estradas das provincias da Coruña, de Ourense e de Pontevedra

Proseguirán os labores que nas últimas semanas se están a realizar na provincia da Coruña, na vía de alta capacidade VG.-1.2, en Ares e Mugardos

26/03/21 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o traballo da Xunta para facer posible a estación intermodal de Vigo e aposta por tomala de exemplo para a colaboración institucional a prol da cidade

Subliña a satisfacción de ver convertido case en realidade este proxecto estratéxico e insta a manter os cronogramas para rematar as obras este ano

26/03/21 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na avenida da Paz, no concello de Ribeira

A intervención conta cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros e cun prazo de execución estimado de 2 meses

26/03/21 | 11:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca o 22 de abril o acto expropiatorio de pagamento de depósitos previos para actuar nun treito de concentración de accidentes na PO-551 en Domaio, en Moaña

As obras contan cun investimento de arredor de 570.000 euros e atópanse en fase de contratación, co obxectivo de inicialas esta primavera

25/03/21 | 13:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a ampliación da rede de saneamento na parroquia de Carral, no Concello de Begonte

Os traballos, que suporán un investimento de máis de 17.000 euros, teñen un prazo de execución de 6 meses

25/03/21 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as obras de humanización e mellora de vías na estrada AC-480 en Oza-Cesuras

O obxectivo das actuacións é mellorar a seguridade viaria dos peóns que percorren esta estrada de forma habitual