Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

21/12/20 | 13:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á nova carteleira do Principal de Ourense con seis espectáculos da rede de teatros e auditorios

O director da Agadic participou hoxe na presentación da programación que o escenario ourensán acollerá durante o primeiro semestre de 2021, cunha trintena de propostas culturais de música, teatro e danza

21/12/20 | 12:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Laura Calvo gaña a III edición do Premio de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea do CGAC

O galardón, impulsado pola Xunta de Galicia, foi entregado hoxe polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo

19/12/20 | 12:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá máis de 500.000€ no Museo do Pobo Galego en 2021 que permitirán completar o proxecto museográfico

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe no Padroado da institución onde expuxo o compromiso para colaborar na nova etapa tras a súa ampliación

18/12/20 | 19:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amosa a Galicia dos anos 40 baixo a mirada de García Garrabella na nova mostra do Arquivo Histórico Provincial de Lugo

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, inauguraron ‘Envíame unha postal’ que propón un percorrido polas fotografías do artista a través dun fondo de negativos para postais

18/12/20 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que Galicia iniciará a década xacobea coa Catedral restaurada, unha das maiores actuacións feita nun patrimonio mundial nos últimos anos

Subliña que este proxecto, que comezou en 2009 coa aprobación do Plan director do conxunto catedralicio, iniciouse como un reto de país e converteuse nun éxito colectivo, tanto a nivel técnico como de xestión

17/12/20 | 20:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca á escritora Berta Dávila como "un talento de presente e futuro nas letras galegas"

A Xunta, a Fundación Repsol e a Editorial Galaxia colaboran neste galardón, que suma 14 anos contribuíndo a fortalecer o tecido cultural da Comunidade

17/12/20 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove a colaboración cultural Galicia-Norte de Portugal coa exposición ‘Noroeste cuarta Oeste: roteiros de ficción’

O secretario xeral de Cultura inaugurou hoxe a mostra que pode visitarse ata o 25 de xaneiro na Biblioteca Pública Ánxel Casal

17/12/20 | 11:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura achegará a máis de 2.000 estudantes a exposición 'As miradas de Isaac' a través de videoconferencias

Alumnado do último ciclo de Primaria e de ESO e Bacharelato afondarán do 20 de xaneiro ao 26 de marzo na interesante vida e importantes proxectos de Díaz Pardo

16/12/20 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aglutina por primeira vez todos os contidos do universo da Xeración Nós nun mesmo portal web

Román Rodríguez destacou que esta nova ferramenta actualiza o legado do grupo de intelectuais para adaptalo ao século XXI e atraelo a novos públicos