Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

13/04/21 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina o contrato das obras do hospital público ‘Gran Montecelo’ de Pontevedra, que comezarán a principios de maio e suporán un investimento de case 130 millóns

Os traballos da primeira fase, que contan cun prazo de execución de 42 meses, consisten na construción dun novo edificio hospitalario cunha superficie de 92.000 m2 distribuídos en 10 andares

12/04/21 | 14:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta convocará este mesmo mes as primeiras axudas aos concellos para localizar fugas nas redes municipais de abastecemento de auga

Vázquez Mourelle salienta que esta orde de subvencións, dotada con 500.000 €, pretende facer fronte a unha media de perda do 30% de auga das redes en Galicia, en liña cos obxectivos da Lei de garantías de abastecemento aprobada en 2019

12/04/21 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gonzalo Trenor destaca a beleza da nova senda peonil entre Ponte do Porco e a praia de Ribeira financiada pola Xunta e o Concello de Miño

O proxecto contou cunha achega de 30.000 euros e discorre por un tramo de 1,1 quilómetros pola zona de costa

11/04/21 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continúa a vindeira semana cos traballos de roza e limpeza nas estradas de titularidade autonómica das provincias da Coruña, de Ourense e de Pontevedra

Proseguirán os labores que nas últimas semanas se están a realizar na provincia da Coruña na vía de alta capacidade VG.-1.2, en Ares e Mugardos

10/04/21 | 12:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acondiciona as zonas verdes das sendas nas estradas PO-325 en Praia América e PO-340 na Ramallosa, en Nigrán

No itinerario da zona de Praia América estase a acondicionar a banda axardinada coa disposición de plantas, cuxo mantemento se comprometeu a realizar o Concello

10/04/21 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 420.000 euros as obras para actuar nun treito de concentración de accidentes na estrada autonómica PO-551 en Domaio, no concello de Moaña

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé o inicio dos traballos na primeira quincena de maio, co obxectivo de telos rematados a finais deste ano

09/04/21 | 17:52 | A Presidencia da Xunta

Feijóo e o ministro de Transportes fixan o principio do verán como data para empezar a aplicar as bonificacións nas peaxes da AP-9

O titular da Xunta incide na necesidade de avanzar na transferencia da autoestrada, a través da celebración dunha reunión da Comisión mixta, como xa se lle solicitou ao ministro de Política Territorial

08/04/21 | 14:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
08/04/21 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de estabilización dun noiro na estrada autonómica AC-550 no Concello de Cee

Os traballos suporán un investimento de preto de 45.000 euros e estímase que poderán estar finalizados no prazo dun mes

08/04/21 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas