Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

14/01/21 | 18:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa melloras na conservación do arquivo de Ordes coa incorporación de novos equipamentos

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe estas instalacións que contan con novos armarios que permiten realizar unha xestión máis eficiente

13/01/21 | 12:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura cumpre dez anos con preto de 6 millóns de visitas e 5000 actividades e eventos celebrados

O Gaiás, que abriu as portas en xaneiro de 2011, pecha unha fase de consolidación e inicia unha etapa de expansión “para chegar máis lonxe”

12/01/21 | 17:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza a mostra 'Afonso X e Galicia', a primeira deste Ano Santo e que celebra a importancia histórica da nosa terra como referente cultural ao longo do tempo

Salienta que no inicio do ano Xacobeo, esta exposición, que conmemora o 800 aniversario do nacemento de Alfonso X O Sabio, propón unha peregrinaxe no tempo, a través das múltiples facetas deste rei e a súa conexión con Galicia

12/01/21 | 14:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ofrece ata xuño 334 actuacións escénicas e musicais en 40 concellos na Rede Galega de Teatros e Auditorios

O circuíto de distribución de espectáculos impulsado e cofinanciado pola Xunta e os municipios asociados mobiliza contratacións por valor de máis de 1M€

11/01/21 | 16:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias reclama a Caballero que explique si será cómplice de que Vigo non conte coa mellor biblioteca do Estado

A delegada territorial en Vigo insiste en que o alcalde defina de que parte está e se pronuncie sobre a intención do Goberno central de reducir á metade a biblioteca

11/01/21 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para a reserva de praza en centros educativos adscritos no curso 2021/2022

Vai dirixido ao alumnado que remata etapa nun centro escolar e ten que pedila para a seguinte etapa no centro que lle corresponde por adscrición

11/01/21 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego estrea a obra 'O charco de Ulises' coa que abre un novo modelo de produción e distribución

É unha das tres producións propias que o CDG porá en escena este ano, coas que a Xunta dá á creación teatral de autoría galega o maior impulso na última década

07/01/21 | 12:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O universo Balbino celebra seis décadas da publicación de 'Memorias dun neno labrego', que se sitúa entre as obras máis vendidas

Román Rodríguez puxo en valor o seu papel na literatura infantil galega, a súa vixencia nas escolas e a súa capacidade de transmisión interxeracional da lingua

05/01/21 | 14:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
05/01/21 | 10:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAI estrea o ano do seu 30º aniversario cunha carteleira de 18 sesións e un ciclo dedicado ao universo fílmico de Wong Kar-wai

A Filmoteca de Galicia celebrará en 2021 os trinta anos da súa inauguración, que tivo lugar o 15 de marzo de 1991