Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

15/04/21 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na execución das obras da fase 0 do "Novo Chuac" cos traballos centrados no cuarto andar do hospital

A actuación, cun investimento de 13 M€, inclúe unha nova área de hospitais de día, outra planta de hospitalización e a ampliación das camas de coidados intensivos

15/04/21 | 13:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 44.000€ en melloras no Colexio Plurilingüe de Oca, na Estrada

Construíuse unha pérgola para protexer a entrada do alumnado ao centro

15/04/21 | 10:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina o contrato das obras de ampliación do Ifevi, que comezarán a finais de abril e suporán un investimento de 6,7 M€

Os traballos permitirán dispoñer dunha nova ampliación de 5000 metros cadrados para incrementar a competitividade das instalacións e consolidar a celebración de eventos de referencia a nivel europeo e internacional

14/04/21 | 19:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez subliña o compromiso da Xunta coa recuperación da fachada marítima da Coruña, coa maior achega económica e unha folla de ruta completa para a urbanización dos peiraos

A Xunta formulou un acordo con todas as administracións implicadas, comprometéndose a achegar o 51% do custo para garantir a titularidade pública dos terreos, poñendo como mínimo 20 M€, xa comprometidos en 2018

14/04/21 | 19:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reafirma o compromiso de investir 33,6 M€ para mellorar a depuradora e o saneamento en Vilagarcía de Arousa e agarda que o concello axilice a tramitación que lle corresponde

Vázquez Mourelle apunta o obxectivo de ter resolta en seis meses a tramitación ambiental simplificada do proxecto de ampliación da depuradora, que precisa para a súa materialización da modificación urbanística dos terreos por parte do Concello

14/04/21 | 15:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/04/21 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dez concellos de Pontevedra, Caldas e O Salnés poden beneficiarse das axudas da Xunta para abastecemento, saneamento e depuración para municipios de menos de 5.000 habitantes

O delegado territorial, Luis López, informa desta liña, que concederá ata 50.000€ por obras de subministro e outro tanto polas de saneamento, nunha visita ao Concello de Pontecesures xunto ao alcalde, Manuel Vidal

14/04/21 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada AC-552 en Arteixo, nas que investirá máis de 2 millóns de euros

A intervención, cun prazo de 12 meses, acometerase entre o enlace coa AG-55 e o acceso á presa de Meicende, executando 2 glorietas para aumentar a seguridade

13/04/21 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que este mes rematará a integración do Camiño Inglés no Tambre cun investimento da Xunta de 3 M€ para crear unha linguaxe única e identificativa da Ruta Xacobea

Vázquez Mourelle concreta que coa intervención na rúa Garabal se dota á zona norte do polígono de novas prazas de aparcadoiro, dunha senda segura para peóns e dun espazo axeitado para as manobras dos vehículos de gran tonelaxe

13/04/21 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas