Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 352 novas da área temática Novas tecnoloxías:

20/07/21 | 12:10 | C. do Medio Rural
11/07/21 | 13:30

A Xunta e o Colexio de Arquitectos colaboran para facilitar aos concellos acceso telemático aos documentos que requiren de visado colexial

Este novo servizo de interoperabilidade é o resultado dun convenio asinado o ano pasado entre o Goberno galego e o órgano de representación dos arquitectos

08/07/21 | 14:19 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Mar Pereira insiste no Parlamento de Galicia na necesidade de que o Estado se coordine coas CC AA para evitar que áreas rurais queden fora dos obxectivos de banda larga

A directora da Amtega comparece ante a Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo e asegura que a Xunta fai un seguimento permanente dos despregamentos derivados dos plan autonómicos dende o inicio da extensión ata 10 anos despois do comezo da súa explotación

28/06/21 | 12:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca as oportunidades de mellora competitiva que ofrece a dixitalización ao sector hostaleiro galego

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, visitou esta mañá en Santiago o hotel A Tafona do Peregrino, do cal salientou a súa adaptación ás novas tecnoloxías como xeradoras de novas oportunidades ante a crise da covid-19

27/06/21 | 12:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta celebra o IV Encontro de Deseño para a Innovación co foco no reto climático, a transformación dixital, a competitividade empresarial e o benestar social

O evento terá lugar o vindeiro martes 29 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Deseño Industrial, e levarase a cabo de maneira presencial-virtual no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol

26/06/21 | 13:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o efecto transformador das actividades que fomentan as vocacións científicas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na clausura das Aulas Isidro Parga Pondal que organiza a Fundación Eduardo Pondal co apoio do Goberno galego

26/06/21 | 10:46 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O uso de internet en Galicia igualouse coa media europea no periodo 2017-2020 e é prácticamente universal entre os 16 e os 44 anos

En 2020, máis do 99 por cento das persoas de entre 16 e 34 anos e o 98,3% de entre 35 e 44 declaran que usaron internet nos tres últimos meses

23/06/21 | 12:39 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A intelixencia artificial e a colaboración público privada na transformación dixital centran a xornada de apertura do centro Gaiástech da Xunta

Gaiastech coordinará a rede de nodos tecnolóxicos de colaboración entre administracións e co sector privado en tecnoloxías como o 5G ou a intelixencia artificial

22/06/21 | 12:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta recoñece cos premios do Super Reto Digicraft a alumnado dos colexios Corvillón, de Cambados, e Vista Hermosa, de Ourense

O alumnado e os profesores de 3º e 6º curso elaboraron murais tecnolóxicos interactivos nos que describen como consideran que debe ser o colexio do futuro