Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Medio ambiente:

24/09/22 | 10:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén aberto ata o 30 de setembro o prazo para solicitar de forma conxunta axudas e préstamos para financiar proxectos empresariais

Os apoios do Galicia Inviste poden chegar a cubrir o 35% do investimento de proxectos de entre 25.000 ata 900.000 euros

23/09/22 | 15:07 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña o esforzo de Galicia por ofrecer certezas e captar investimentos para potenciar unha economía máis competitiva e innovadora

Anuncia que os Orzamentos de 2023 incluirán unha rebaixa un 25% no Imposto de Patrimonio, que supón unha bonificación da metade da taxa logo de aplicar a mesma baixada no pasado ano
 

22/09/22 | 20:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/09/22 | 13:54 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 170.000 galegos beneficiáronse en 2021 da baixada fiscal da Xunta no imposto de sucesións e do programa impostos cero no rural

A directora da Axencia Tributaria de Galicia, María Victoria González, presentou hoxe no Parlamento o informe da actividade deste organismo

22/09/22 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Medio centenar de expositores de Conxemar xa montan os seus stands no novo pavillón do Ifevi no que a Xunta investiu 8,3 M€

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este xoves o recinto feiral, onde 300 persoas traballan ante a inminente celebración do evento os vindeiros 4 e 5 de outubro
 

21/09/22 | 15:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca na Coruña a importancia da escoita activa para dar solucións aos retos económicos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co Comité Executivo da Cámara de Comercio da Coruña, no que se abordaron as diferentes medidas propostas polo Goberno galego para defender os intereses das familias e dos sectores económicos ante o actual contexto de inflación

21/09/22 | 14:22 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pide a cogobernanza no reparto dos fondos europeos para sacarlles o máximo partido

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou hoxe en Madrid nun seminario sobre o impulso aos investimentos para unha economía verde, dixital e xusta

21/09/22 | 13:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta busca a través da Axenda Financeira acompañar o tecido empresarial galego para que impulse a súa competitividade

O director do Igape, Fernando Guldrís, salienta no Parlamento que o Goberno galego destina máis de 135M€ a dar resposta ás necesidades financeiras de pemes e autónomos no “complexo escenario actual”, reforzando o capital e os fondos propios, facilitando acceso a instrumentos de débeda e ofertando garantías na obtención de crédito
 

21/09/22 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda co embaixador representante permanente de España na UE a presidencia española do Consello da UE

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, remata a súa visita institucional a Bruxelas con este encontro no que se trataron cuestións como a adxudicación dos fondos europeos, a pesca en augas profundas ou a extensión do Corredor Atlántico ao noroeste peninsular

20/09/22 | 16:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda compromete o apoio do Goberno galego á industria do metal polo seu peso na economía e perante as incertezas derivadas da crise internacional

Subliña o peso do sector na economía española e, sobre todo, na galega, onde representa o 20% do PIB