Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Industria:

09/06/22 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca os 36 trofeos de Dance Academy no Campionato de Europa como mostra do “inmenso traballo que se está a facer polo baile deportivo”

A segunda edición da Liga Xunta de Galicia de Break xa realizou tres dos seus eventos en Lalín, Viveiro e Noia e o Goberno galego segue traballando co sector de cara á creación da Federación Galega de Baile Deportivo

08/06/22 | 16:11 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a importancia da recuperación do Rallye de Pontevedra para toda Galicia

A competición dará comezo o 24 de xuño, estenderase ata o domingo 25 e discorrerá polos concellos de Sanxenxo, Cercedo-Cotobade, Moraña, Meaño e Campo Lameiro

07/06/22 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o concello colaboran na renovación do polideportivo municipal da Laracha cun investimento de máis de 39.000 €

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, supervisou o resultado das obras que tiveron un orzamento total de maís de 39.000 euros e contaron cunha axuda do Goberno galego de 25.000 euros

06/06/22 | 17:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Galega de Control da Violencia toma cartas respecto á venda de alcol en instalacións deportivas e traballa sobre once novos expedientes

En total incoáronse sete procedementos sancionadores na novena xuntanza da Comisión Galega de Control da Violencia

02/06/22 | 15:32 | Secretaría Xeral para o Deporte
01/06/22 | 21:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón que o estadio municipal de atletismo de Balaídos pase a denominarse ‘Alfonso Posada’ na súa homenaxe

O Goberno galego instalará un módulo de atletismo no IFEVI e xa lle trasladou ao Concello de Vigo a súa conformidade cos termos xerais da remodelación das pistas de Balaídos

01/06/22 | 18:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca as innovacións da 55ª edición do Rallye de Ourense que seguen mantendo vivas a "química e a maxia" de Estanislao Reverter

Terá lugar do 16 o 18 de xuño e conta cunha achega de preto de 16.000 euros da Xunta de Galicia

31/05/22 | 15:16 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta reclama a intercesión da Real Federación Galega de Fútbol para que o Racing de Ferrol xogue o seu partido de ascenso á Segunda División na Malata

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de dirixir unha carta á RFGF na que expón a súa “sorpresa” sobre o sistema de elección do terreo de xogo na fase de ascenso que levará ao Racing “a xogar a súa primeira eliminatoria a Balaídos”

27/05/22 | 17:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O sendeiro Lourenzá-Burgueira de Oia incrementa as posibilidades da práctica de deporte ao aire libre e beneficiará ao turismo

A Xunta de Galicia achega o 80% da instalación da nova ruta circular de 12,5 quilómetros que contou cun orzamento de preto de 25.000 euros