Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta aposta pola actuación das comunidades autónomas e as entidades locais na cooperación internacional para o desenvolvemento
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, compareceu hoxe na subcomisión para o estudo de actualización do marco normativo e do sistema de cooperación internacional para o desenvolvemento do Congreso dos Deputados
A Xunta impulsa a primeira base aérea transfronteiriza con Portugal para a loita contra os incendios no marco do Interreg
O vicepresidente primeiro recordou que “o lume non entende de fronteiras” e valorou a colaboración institucional que fixo posible esta iniciativa
A Xunta abre a inscrición ao curso de especialización en financiamento comunitario da Fundación Galicia Europa destinado a entidades sen ánimo de lucro
Ao longo de cinco xornadas, os asistentes profundarán en todos os aspectos relativos ao novo Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 e ao novo instrumento temporal de recuperación “Next Generation UE”
Galicia incrementa a axuda da cooperación exterior para mitigar o impacto da covid nas sociedades máis vulnerables
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, deu a coñecer hoxe no Parlamento de Galicia o Plan Anual 2021 de Cooperación galega, cun orzamento de case 7,5M€, un 12% máis que o do 2020
O programa Iacobus avala patentes presentadas de forma conxunta entre investigadores galegos e do norte de Portugal
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia-Norte de Portugal destina 40.000 euros ás solicitudes ou obtención de patentes
Galicia aposta en Bruxelas pola transparencia para combater a desinformación
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na segunda reunión do ano da comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións
A Xunta impulsa as exportacións de pemes e autónomos en máis de 20 países a través da nova convocatoria do Plan Foexga
A Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a iniciativa, que se readapta para responder ás necesidades xeradas pola actual situación económica
A Xunta renova o convenio coa coordinadora galega de ONGD para fortalecer o sector galego da cooperación ao desenvolvemento
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asinou hoxe o acordo coa organización, dotado con 100.000 euros, e que nesta ocasión incidirá na comunicación e visibilización do traballo das ONGD e no enfoque de xénero
Feijóo destaca que a candidatura galega aos fondos Next Generation conta xa con 354 proxectos "maduros e viables" e cun orzamento estimado de 19.698 millóns de euros
Salienta que estes fondos poden ser unha vacina económica contra a pandemia para volver a unha senda de crecemento e de creación de emprego que abandonamos en 2019
A Xunta debate coa Comisión Europea a posta en marcha do Plan de recuperación europeo nos encontros virtuais da Fundación Galicia Europa
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe no terceiro encontro virtual “FGE | Next Generation Galicia” da Fundación Galicia Europa