Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

08/09/22 | 12:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias cifra en 12M€ a inversión actual da Xunta de mellora nos centros educativos da área de Vigo

O curso 2022/23 deu comezo hoxe para os estudantes de todas as etapas educativas, coa incorporación de 61.536 alumnos de Infantil, Primaria, Educación Especial, ESO e Bacharelato no caso da área viguesa

07/09/22 | 15:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta dá a benvida aos nenos da escola infantil As Mariñas, na Coruña, no primeiro ano 100% gratuíto

Esta medida permitirá que as familias non teñan que pagar nada pola atención educativa dos seus nenos de 0-3 anos durante un máximo de oito horas ao día
 

07/09/22 | 13:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza os comedores escolares cunha extra de 1,4 M€ para paliar a suba de prezos ás familias

O conselleiro Educación visita o colexio Doutor López Suárez de Friol e comparte co profesorado os últimos preparativos para o inicio do primeiro curso pospandemia
 

07/09/22 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a rede pública autonómica de escolas infantís coa apertura e posta en marcha do novo centro da Guarda, no que se investiron 845.000 €

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiron esta mañá á estrea desta escola infantil, que conta con 32 cativos matriculados para este curso

06/09/22 | 13:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avanza que o novo Centro de Innovación Educativa Dixital será “un punto de inflexión para a educación galega”

O centro irá un paso por diante no cambio metodolóxico e emprego de novos recursos didácticos, para reforzar a posición de Galicia á vangarda do ensino

05/09/22 | 17:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica acada o 50% de execución con 439 obras e un investimento de 91 M€

A Xunta desenvolve esta estratexia para modernizar os centros educativos no período 2021-2024, co impulso dun modelo poscovid que sitúa a Galicia como pioneira
Dos proxectos en marcha, 180 son grandes actuacións en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano

05/09/22 | 13:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o carácter pioneiro de Galicia en materia de conciliación

O encontro, celebrado por videoconferencia, foi organizado polo Goberno de Asturias para recoller as iniciativas das distintas Comunidades

05/09/22 | 13:11 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta que Galicia é a única comunidade de España na que a educación infantil de 0 a 3 anos é totalmente gratuíta para todas as familias

Destacou que a Xunta vai investir 50 M€ por curso en sufragar esta gratuidade que permitirá aforros anuais de entre 1.500 e 2.000 € ás familias

05/09/22 | 10:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Europea selecciona o proxecto para implantar a FP dual transfronteiriza da Eurorrexión Galicia-Norte Portugal que conta co apoio da Xunta

A iniciativa, que tamén traballará a prol da homologación de títulos entre España e o país luso, vén de ser seleccionada a través do programa B-Solutions no marco da área de emprego e formación