Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Conservación da natureza:

02/07/21 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Masma ao seu paso polo lugar do Arco, en Mondoñedo

As tarefas céntranse na retirada de árbores mortas e de madeira caída para eliminar unha obstrución na ponte

02/07/21 | 13:12

Axentes medioambientais sorprenden a un cazador furtivo que utilizaba trampas ilegais en Pontevedra

Persoal do distrito Caldas-Salnés-Pontevedra localizou o pasado luns varios lazos e un criadeiro de coellos ilegal nun monte da parroquia de Verducido polo que activaron un operativo de seguimento co fin de detectar ao presunto responsable

29/06/21 | 12:15

A Xunta dá luz verde á construción dunha nova ponte sobre o río Ferreira, no Valadouro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de emitir a avaliación ambiental estratéxica á modificación puntual, na que se indica que non se esperan efectos significativos e polo tanto non é necesaria sometela a tramitación ordinaria

29/06/21 | 11:33

Ángeles Vázquez felicita a Dozón por achegarse á media galega de reciclaxe despois de incorporarse ao sistema separativo de recollida de residuos

A responsable de Medio Ambiente invita aos veciños a manter o ritmo de reciclaxe de envases de plástico, latas e briks e papel-cartón para chegar a un mínimo de 12 toneladas anuais, o que se traduce nunha media de 12 kg de envases e 14 kg de papel ao ano por habitante

25/06/21 | 15:56

Xunta e Concello de Mañón avanzan na concreción dos traballos que se executarán no río Sor grazas aos fondos europeos de recuperación económica

O Goberno galego quere empezar a definir canto antes os lugares e actuacións prioritarios en materia de biodiversidade para poder cumprir cos prazos marcados pola UE

14/06/21 | 14:29

A Xunta convoca por 440.000 euros as axudas a asociacións protectoras e concellos para o coidado de animais domésticos abandonados

Trátase da maior contía destinada a este fin desde que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda puxo en marcha o programa, no ano 2017

11/06/21 | 12:46

A Xunta súmase á quinta campaña '1M2 contra a basuraleza', con 63 accións de limpeza en Galicia

A gran recollida colaborativa anual de residuos, impulsada por SEO/BirdLife e Ecoembes, celebrarase mañá en todo o Estado co obxectivo de concienciar á sociedade ante o grave problema ambiental que supón a acumulación de lixo na natureza

26/05/21 | 19:44

O Consello da Xunta aproba o PRUX do Parque Natural de Corrubedo que regulará os usos e conservación deste espazo cun investimento de 6,5 M€ na vindeira década

Será o quinto destes instrumentos de xestión que se adopta nos últimos anos, despois dos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e os dos parques naturais da Serra da Enciña da Lastra, do Invernadeiro e de Monte Aloia