Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

02/02/21 | 18:49 | C. de Sanidade

Trenor visitou o operativo do cribado de detección da covid-19 en Oroso no que se convocará a 1.700 persoas

O delegado da Xunta informou que o cribado comezou o pasado luns e rematará o xoves 4 de febreiro

02/02/21 | 17:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro fai un chamamento aos 2.800 veciños da Estrada convocados ao cribado de detección da covid-19 para que participen co obxectivo de “protexer a saúde e frear os contaxios”

A delegada territorial, que acudiu á primeira das tres xornadas programadas xunto ao alcalde, José López, destaca o “compromiso e esforzo” do Sergas para realizar estas probas orientadas á detección de casos asintomáticos

02/02/21 | 12:45 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 22.522 casos activos por coronavirus

Un total de 74.752 pacientes xa están curados

01/02/21 | 13:08 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o Novo CHUAC como a obra sanitaria máis importante desta lexislatura e a obra máis importante que se fai na Coruña nos últimos 50 anos

Destaca a disposición do municipio para desbloquear e cooperar no desenvolvemento desta infraestrutura

01/02/21 | 11:59 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 22.420 casos activos por coronavirus

Un total de 73.893 pacientes xa están curados

31/01/21 | 12:01 | C. de Sanidade

Un total de cinco empresas presentan ofertas para executar as obras da reforma da farmacia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

A actuación dividirá a área de Farmacia do CHUS en catro zonas homoxéneas, destinadas ao almacenaxe, vestiarios, salas para a elaboración de medicamentos e terapia xénica, e farmacotecnia

31/01/21 | 11:11 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 22.608 casos activos por coronavirus

Un total de 72.756 pacientes xa están curados

30/01/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o concello de Cerdedo-Cotobade perfilan os detalles técnicos e administrativos para a apertura dos Baños do San Xusto este ano

A delegada territorial, Luisa Piñeiro, mantén unha reunión co alcalde, Jorge Cubela, e celebran un encontro multilateral en torno a esta rehabilitación cos xefes territoriais de Sanidade, Economía e Medio Ambiente

30/01/21 | 11:47 | C. de Sanidade

Preto de 450.000 persoas participaron no Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal

Grazas as colonoscopias realizadas a 26.647 pacientes no marco do programa, lévanse detectados 1.436 casos de cancros invasivos, 4.736 de adenomas de alto risco, 6.572 de adenomas de risco medio e 5.983 de adenomas de baixo risco

29/01/21 | 18:19 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde realizará un cribado a todos os profesionais realizando PCR en saliva

Na xuntanza da Mesa sectorial de hoxe o Sergas abordou o tema do emprego temporal, co remate da negociación para unha nova orde reguladora dos contratos temporais e comezando a negociación dun novo pacto de selección temporal entre outras medidas