Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

21/04/21 | 14:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza no saneamento da ría de Pontevedra coa licitación da redacción do proxecto da mellora do bombeo de Cocheras, que suporá un investimento autonómico de 3,7 M€

Vázquez Mourelle destaca que a mellora do sistema de saneamento Cocheras-Os Praceres permitirá paliar as consecuencias das deficiencias da rede municipal pola infiltración de pluviais e do mar e evitar vertidos no fondo da ría

21/04/21 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 13 ofertas para executar as obras de mellora de firme en 3 estradas das comarcas de Santiago, Arzúa e Barbanza, que suporán un investimento de máis de 1 M€

Trátase de actuacións nas estradas AC-453, AC-960 e AC-305 nos concellos de Santiago, Ames, Val do Dubra, Boqueixón, Touro e Boiro

21/04/21 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lanza a convocatoria para promover plans municipais de abastecemento autónomo entre os concellos galegos de menos de 5.000 habitantes cun investimento de 900.000 euros

Trátase de dotar ás entidades locais de información sobre o nivel de garantía do abastecemento de auga potable á súa poboación e dun instrumento de planificación para a mellora da prestación deste servicio, de competencia municipal

21/04/21 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para executar a renovación do firme nas estradas LU-636, LU-546 e LU-741 ao seu paso por Becerreá, Lugo, O Corgo, Sarria e A Pontenova, cun investimento de 1,8 M€

A intervención permitirá acondicionar 9 quilómetros da estrada LU-636, entre o punto quilométrico 22 e ata o 31+140, á entrada do núcleo de Becerreá

20/04/21 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para executar as obras de renovación integral do firme en máis de 30 quilómetros da estrada PO-552 e nun treito da PO-325, que suporán un investimento de 1,8 M€

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar este verán as actuacións en toda a lonxitude da PO-552, ao seu paso polos municipios de Oia, A Guarda, O Rosal, Vigo, Nigrán e Baiona

20/04/21 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
20/04/21 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
20/04/21 | 13:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 1,2 millóns de euros o acondicionamento da estrada OU-129 ao seu paso polos concellos da Veiga, de Viana do Bolo e do Bolo

Reforzarase o firme da vía, ademais doutras actuacións ao longo de todo o seu trazado, de algo máis de 10 km

20/04/21 | 11:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora do firme na totalidade da estrada OU-531, desde Xinzo de Limia ata Cortegada, cun investimento de máis de 1 millón de euros

As empresas interesadas en acometer estes traballos poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 18 de maio

19/04/21 | 15:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 280.000 euros as obras de acondicionamento e rehabilitación da Ponte de Pedra sobre o río Grande en Baio, no concello de Zas

Os traballos, que terán un prazo de execución de catro meses, consistirán na ampliación da ponte para reordenar o tráfico rodado e peonil