Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

05/02/21 | 12:19 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anima aos case 50.000 galegos citados polo Sergas a que acudan aos cribados que se realizarán esta fin de semana en 18 concellos

Salienta que, desde comezos de ano e incluíndo a previsión ata esta fin de semana, a Xunta está a habilitar recursos para que máis de 330.000 galegos poidan someterse a estas probas

04/02/21 | 18:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sanidade xa supera as 40.000 persoas nos cribados de detección da covid-19 realizados na área sanitaria de Pontevedra e o Salnés e prepara novas probas

A delegada territorial, Luisa Piñeiro, e a directora de Atención Primaria, Belén Piñón, acuden ao cribado de Ponte Caldelas, ao que están citados 3.000 veciños de entre 40 e 79 anos, que foi a franxa de idade determinada segundo os criterios sanitarios e sociais, ata o vindeiro sábado

04/02/21 | 17:16 | C. de Sanidade

Trenor visitou o operativo do cribado de detección da covid-19 na Laracha no que se convocou a 5.453 persoas

O delegado da Xunta informou que o cribado comezou o pasado xoves e rematará mañá sábado

04/02/21 | 15:46 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia contará co primeiro hospital público de España que ofrecerá un tratamento pioneiro contra o párkinson e o tremor esencial

Feijóo explica que será posible grazas á adquisición dun equipo de ultrasóns de frecuencia focalizado (HIFU) para o CHUS cun investimento de 2,4 M€

04/02/21 | 09:50 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue invita á cidadanía a doar sangue

As unidades móbiles de ADOS visitarán numerosos concellos galegos co obxectivo de garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos dos nosos hospitais

03/02/21 | 19:36 | C. de Sanidade

Sanidade lembra a importancia da prevención no Día mundial contra o cancro e marca como prioridade a atención aos pacientes oncolóxicos

Un total de 128.647 persoas beneficiáronse desde a entrada en vigor do Decreto de tempos máximos, dedicado maioritariamente a patoloxías oncolóxicas, sendo todos os casos atendidos dentro da rede do Sergas, sen desviar ningún a centros concertados

03/02/21 | 17:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro convida aos 1.900 veciños de Moraña citados ao cribado de detección da covid-19 a que asistan masivamente co obxectivo de “protexer a saúde e frear os contaxios”

A delegada territorial, que acudiu á primeira das tres xornadas programadas xunto ao xerente da área sanitaria, José Ramón Gómez, e o alcalde José Cela, destaca o “compromiso e esforzo” do Sergas para realizar estas probas orientadas á detección de casos asintomáticos

03/02/21 | 13:20 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 22.440 casos activos por coronavirus

Un total de 75.947 pacientes xa están curados

03/02/21 | 12:07 | C. de Sanidade

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Universidade da Coruña asinan un convenio de colaboración para o fomento da doazón

O convenio foi asinado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e polo reitor da Universidade da Coruña, Julio Ernesto Abalde Alonso