Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

12/02/21 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A VIII Mostra do Entroido pon en valor as Xeneralas da Ulla para celebrar o carnaval no ensino

Os equipos de dinamización da lingua galega dos centros participantes difunden o proxecto audiovisual feito por Títeres Cachirulo para o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia

12/02/21 | 10:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo de selección para coproducir tres novos espectáculos de danza co Centro Coreográfico Galego

A iniciativa vai dirixida a profesionais do sector, que recibirán unha achega de ata 18.000 euros por parte da Consellería de Cultura, ademais de poder utilizar as instalacións do CCG na Coruña para o desenvolvemento do proxecto

11/02/21 | 14:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis do 96% do alumnado que se examina en Galicia do DELF escolar obtén o certificado, 8 puntos máis ca media española

Galicia é a cuarta comunidade en número de alumnos que se examinan destas probas, no marco do Convenio de colaboración coa Embaixada de Francia

11/02/21 | 14:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A dotación das axudas da Xunta aos festivais audiovisuais continúa en aumento e sitúase en 200.000 euros

O DOG publica hoxe a nova convocatoria destas subvencións, que manteñen un incremento económico progresivo e continuado desde a súa creación en 2015

11/02/21 | 12:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura achegará ao público a mostra 'As miradas de Isaac' a través de visitas guiadas en directo por Youtube

Esta fin de semana ás 12,00 horas, o equipo de guías do Museo Centro Gaiás explicará a través destas emisións os contidos da mostra

10/02/21 | 14:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia un novo modelo de apoio á actividade continuada das compañías escénicas con proxectos plurianuais

Chévere e Talía Teatro son as primeiras beneficiarias dunha nova modalidade de axudas de carácter trianual, creada dentro da liña de subvencións á actividade escénica para favorecer o traballo a medio prazo e con equipos estables de formacións xa consolidadas

10/02/21 | 12:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá máis de 1 M€ na rehabilitación do Conservatorio Superior de Música de Vigo

A redacción do proxecto de actuación xa está encargado co obxectivo de que as obras poidan iniciarse este mesmo ano

10/02/21 | 11:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás elixido mellor proposta cultural do ano en Galicia polo prestixioso observatorio da Fundación Contemporánea

A Cidade da Cultura encabeza a listaxe de ‘insignias culturais’ de Galicia en 2020 que vén de publicar o Observatorio da Cultura

09/02/21 | 11:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As axudas do primeiro Plan de rescate de autónomos da Xunta inxectan 2,2 M€ no sector cultural a máis de 1.000 profesionais

Distribuíronse entre traballadores de ámbitos como as artes escénicas, a exhibición cinematográfica, a tradución, a edición ou as salas de espectáculos

08/02/21 | 13:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva aos centros educativos a emisión online de ‘O charco de Ulises’, a última produción do CDG

O alumnado poderá gozar dunha versión especial da adaptación do clásico grego dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, estreada pola compañía pública o pasado xaneiro