Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

24/02/21 | 10:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo anima a preservar a obra e os valores de Rosalía de Castro, a escritora galega máis universal e “símbolo da Galicia que somos”

“Galicia é rosaliana porque Rosalía fíxonos tomar conciencia da nosa terra, da importancia do noso pobo e da relevancia de ter unha cultura e unha fala de noso. A súa obra foi a semente do bosque vizoso que é a nosa lingua”, salienta

23/02/21 | 14:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta intensifica a colaboración coas 'Residencias Paraíso' para apoiar oito novos proxectos de danza e artes vivas

A Consellería de Cultura contribúe con 34.000 euros á organización deste programa, impulsado polo Colectivo RPM coa implicación de nove espazos culturais, entre os que se atopan a Cidade da Cultura e o Salón Teatro

22/02/21 | 17:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 4000 rapaces de dez centros de ensino comenzan o reto de falar en galego da man de '21 Días co Galego e +'

Como novidade, esta iniciativa de dinamización lingüística da Xunta para impulsar o uso do galego entre os máis novos amplíase como experiencia piloto á etapa de Primaria

22/02/21 | 15:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Volve o cine á sala do CGAI co inicio do ciclo sobre Wong Kar-Wai e os coloquios cos directores Luis López Carrasco e Álvaro Orús

A Filmoteca de Galicia retoma as proxeccións públicas de xeito que a partir de mañá e durante o mes de marzo reprogramará a meirande parte dos pases suspendidos

22/02/21 | 13:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Cámara de Santiago acordan un programa formativo para mellorar a competitividade das empresas culturais

Tocará temas como internacionalización, capital risco, xestión empresarial e transformación dixital, ou novas vías de negocio como a creación de videoxogos

19/02/21 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta contrata a mellora e incremento de espazo de almacenaxe e depósito da Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra

A Consellería de Cultura adxudica esta actuación, dotada con case 50.000€, e que consistirá na subministración e instalación de armarios móbiles compactos para favorecer as condicións de conservación e emprego do seu fondo bibliográfico

19/02/21 | 14:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conmemora este domingo o Día da Lingua Materna cunha actividade familiar en liña desde a Cidade da Cultura

O Gaiás acollerá a representación de ‘Puño, puñete’, a cargo de Baobab Teatro, con cantos, contos e xogos dirixidos a nenos de entre 1 e 7 anos

19/02/21 | 14:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita as obras da casa da cultura de Xinzo de Limia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade investiu preto de 24.000 euros na reparación da súa cuberta

19/02/21 | 13:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ofrece máis de 30 actuacións escénicas na cidade de Vigo ata xuño a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O circuíto retoma esta fin de semana a actividade programada en colaboración co concello con espectáculos de teatro, danza e novo circo no Auditorio Municipal

19/02/21 | 11:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 3 M€ na rehabilitación dunha quincena de bens patrimoniais da Ribeira Sacra na provincia de Lugo

Román Rodríguez salienta que a intervención neste templo supón un importante paso para poñer en valor un dos bens máis emblemáticos da Ribeira Sacra na recta final da súa posible declaración como Patrimonio da Humanidade