Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

05/05/21 | 18:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lamenta que a alcaldesa da Coruña rexeite a proposta da única administración que se ofreceu a investir na recuperación do uso público da fachada marítima da cidade

O Goberno galego salienta a súa vontade de contribuír a atender a demanda da cidade de recuperar os terreos portuarios, achegando máis de 20 M€ nun marco de colaboración entre todas as administracións

05/05/21 | 14:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras de mellora da capacidade e da seguridade viaria da estrada que une a autovía Ferrol-Vilalba e Ortigueira, que acadan xa un grao de execución dun 25%

A actuación na AC-862, cun prazo de 18 meses, iniciouse en decembro de 2020 e o obxectivo é executala este ano para poñela canto antes ao servizo dos veciños

05/05/21 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que as obras de ampliación do IFEVI arrancan co compromiso de estar preparadas para albergar eventos de referencia internacional despois do verán

Vázquez Mourelle sinala que a mediados de setembro estará rematada a envolvente do edificio, dispoñendo xa provisionalmente de superficie para celebrar Conxemar, Navalia ou Mindtech

05/05/21 | 12:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da nova depuradora de Sergude para a mellora do saneamento en Boqueixón, que suporán un investimento autonómico de máis de 1,8 millóns de euros

Esta intervención ten como obxectivo mellorar as infraestruturas de saneamento e unificar o tratamento das augas residuais nos núcleos de Sergude e de Lestedo

05/05/21 | 11:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 13 ofertas para executar as obras de reforzo do abastecemento de auga en varios núcleos do municipio de Valga, que suporá un investimento de máis de 183.000 euros

Trátase da ampliación da rede de abastecemento para o núcleo de Raxoi e da execución do encontro de trazados da rede de San Miguel

04/05/21 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina case 18,5 M€ á conservación ordinaria e á vialidade invernal en 892 km de estradas autonómicas das áreas da Coruña, Ferrol, Bergantiños e Santiago nos vindeiros 4 anos

Trenor explicou que este contrato, que se corresponde coa área da Coruña-norte, permite unha vixilancia e control das estradas para detectar anomalías e corrixilas o antes posible

04/05/21 | 14:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de execución de tres colectores e un pozo de bombeo en Orto e Crendes, no Concello de Abegondo, que suporán un investimento conxunto de 910.000 euros

O obxectivo dos traballos, que contan cun prazo de 5 meses, é dotar as parroquias dun sistema de saneamento capaz de dar servizo a preto de 1.500 habitantes

04/05/21 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca a publicación hoxe no DOG da primeira convocatoria de axudas aos concellos para dispor de caudalímetros que detecten fugas nas redes de abastecemento

A conselleira subliña que o obxectivo desta iniciativa é paliar a perda de auga, que en Galicia rolda o 30 % de media nas redes locais de abastecemento

04/05/21 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a terceira convocatoria de axudas para a elaboración de plans de emerxencia fronte á seca co obxectivo de que o vindeiro ano 60 concellos dispoñan desta ferramenta

O Diario Oficial de Galicia fai pública hoxe a nova convocatoria, cun orzamento de 250.000 euros, e cun mes de prazo a partir de mañá para solicitar a subvención

03/05/21 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas