Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

11/03/21 | 11:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Luis López visita en Pontevedra a exposición colectiva 'Os roteiros da forma', que amosa as propostas máis contemporáneas da artesanía galega

A Fundación RAC, coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia, ten aberta esta mostra ata o 26 de marzo na capital provincial

11/03/21 | 11:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego reinterpretan nove textos clásicos no ciclo anovador de ‘Clásicas desfeitas’

As tres creacións represéntanse os días 13, 14, 21 e 28 de marzo e englóbanse no marco das Residencias artísticas do Gaiás (REGA) 2021, impulsado pola Xunta

10/03/21 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta organiza unha vintena de exposicións e intervencións artísticas no Gaiás cun plan de itinerancias por Galicia

O conselleiro de Cultura anuncia que 2021 “será o ano de maior actividade expositiva na Cidade da Cultura, no décimo aniversario da súa apertura”

10/03/21 | 11:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ofrece sete actuacións escénicas e musicais na cidade de Pontevedra ata xuño a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O circuíto retoma esta fin de semana a actividade programada en colaboración co Concello coa representación de ‘Feminíssimas’, de De Ste Xeito Producións

10/03/21 | 11:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a convocatoria de axudas ao funcionamento das salas escénicas privadas cun orzamento de 150.000 euros

A través da medida, consensuada co sector, búscase impulsar o desenvolvemento da programación de carácter profesional e a consolidación destes espazos

09/03/21 | 14:05 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa un centro de exposicións rural no Concello de Lalín para dar a coñecer a obra dos artistas da comarca do Deza

A actuación contará cunha axuda de case 74.000 euros por parte da Consellería do Medio Rural

09/03/21 | 11:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca a figura do arquitecto Rodolfo Ucha como responsable dos proxectos de urbanización e dos edificios máis emblemáticos de Ferrol

O delegado da Xunta asistiu a unha acto no IES Leixa de recoñecemento a súa figura que contou coa presenza da súa única filla viva

09/03/21 | 11:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsará o Plan Recupera para que o alumnado reforce as aprendizaxes non consolidadas durante a pandemia

“Sen baixar a garda ante a covid, cómpre avanzar para reactivar Galicia desde a educación e a cultura. Coidar o noso rico pasado e asegurar o futuro”, subliña

08/03/21 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego reforzará as accións a prol da igualdade na produción, difusión, gobernanza e comunicación

No Día Internacional da Muller, a unidade de produción escénica da Xunta formalizou a súa adhesión á iniciativa ‘Temporadas de Igualdade MH nas artes escénicas’, promovidas pola Asociación Clásicas y Modernas

07/03/21 | 19:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta dixitalizará este ano fondos da Guerra Civil e a posguerra custodiados nos seus arquivos históricos

Destina máis de 170.000 euros para identificar e facilitar o acceso a 1,3 millóns de documentos no inicio duns traballos que levarán ata a Transición