Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 258 novas da área temática Urbanismo:

19/12/21 | 11:26

A Xunta financia con 60.000 € a humanización da praza da Verdura e a adquisición dunha vivenda na Merca

O Concello accede a un crédito sen xuros que poderá devolver ao Instituto Galego da Vivenda e Solo en oito anos

12/12/21 | 12:00

A Xunta licita por case 160.000 € as obras de urbanización dun espazo público en Parada de Sil

A actuación urbanística, que se enmarca nos obxectivos do plan Hurbe, incluirá a creación dunha área de aparcadoiro e zonas verdes con mobiliario e servizos urbanos

05/12/21 | 09:02

A Xunta traslada aos concellos que os cambios propostos na Lei do solo axilizarán a súa aplicación e reforzarán a seguridade xurídica no eido urbanístico

Nunha carta remitida a todos os alcaldes galegos, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explica que o obxectivo é resolver as dúbidas interpretativas xurdidas a nivel municipal desde a entrada en vigor da norma

01/12/21 | 18:27

A Xunta solicita ao Goberno central que manteña o seu compromiso coas áreas de rehabilitación integral, unha figura imprescindible para Galicia

Ángeles Vázquez subliña que Galicia, con 76 ARI municipais e tres supramunicipais, é a Comunidade que máis apostou por este programa de rehabilitación, que nos últimos 25 anos permitiu mobilizar 185 M€ e recuperar un total de 18.500 vivendas

22/11/21 | 14:07

A Axenda Urbana Galega que se debuxou na Lei de ordenación do territorio culminarase coa aprobación da nova Lei de arquitectura

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, defende en Copenhague a aposta da Xunta por incorporar ás súas políticas unha serie de obxectivos estratéxicos para o desenvolvemento territorial sostible de Galicia

21/11/21 | 18:05

Ángeles Vázquez comeza a súa viaxe a Copenhague cunha visita ao Centro Danés de Arquitectura, un referente europeo para a divulgación desta disciplina

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda subliña que Galicia e a capital danesa comparten o feito de gozar dun rico patrimonio arquitectónico e defende a necesidade de preservar este ben a través da futura Lei galega de arquitectura

19/11/21 | 14:45

A Xunta pide axilizar a norma estatal que evitará aos concellos redactar desde o principio un plan xeral anulado por sentenza

Encarnación Rivas lembra que o Goberno central iniciou a tramitación do anteproxecto de lei polo que se modifica a Lei do solo e rehabilitación urbana, que permitirá modular o alcance da nulidade sobre un instrumento de planeamento urbanístico e evitará “un labor titánico” ás administracións locais

16/11/21 | 11:09

A Xunta aproba de forma definitiva unha modificación urbanística en Cervo para ampliar o Museo do Mar

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda autoriza os cambios nas Normas subsidiarias de planeamento ao xustificarse o interese público da actuación

08/11/21 | 14:04

A Xunta prevé alcanzar este ano a centena de concellos que deleguen a inspección urbanística á APLU

Hoxe xa son 91 os municipios, con diferentes casuísticas e características, os que están adheridos; polo que é importante que o persoal funcionario das administracións públicas conte cunha formación actualizada

03/11/21 | 12:26 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta o avance de Galicia na aposta polo urbanismo responsable cun millón de galegos que viven en 111 concellos cun PXOM actualizado

Afirma que coa aprobación definitiva do seu plan, Folgoso do Courel abre unha nova etapa, cunha ordenación urbanística con capacidade para tutelar o asentamento de ata 1.400 veciños durante, polo menos, as vindeiras dúas/tres décadas