Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

25/09/22 | 10:50

A Xunta busca sinerxías na Semana do Clima de Nova York para incorporalas á futura lei galega sobre esta materia

Participar neste foro internacional ofrece a posibilidade de coñecer outras accións e boas prácticas que poden ser trasladadas á realidade galega e dar a coñecer os avances realizados pola Comunidade neste eido

24/09/22 | 12:00

A Xunta e a obra social de Abanca reúnen en Sálvora 80 voluntarios no marco dun proxecto ambiental para poñer en valor as zonas costeiras protexidas

Ángeles Vázquez salienta a importancia deste tipo de iniciativas para contribuír á preservación dos valores únicos deste espazo natural e fomentar un turismo sostible
 

24/09/22 | 11:16

A Xunta analiza co concello de Cortegada a posibilidade de declarar un entorno residencial de rehabilitación no municipio para optar ás axudas de eficiencia enerxética

Ángeles Vázquez pon o IGVS á disposición dos técnicos municipais co fin de asesoralos e orientalos para facilitar o acceso da veciñanza a este tipo de subvencións
 

23/09/22 | 15:25

A Xunta recoñece o traballo do Craega a prol do coidado do medio ambiente mediante o control e a certificación das producións da agricultura ecolóxica

Ángeles Vázquez avanza que o sector agrogandeiro será considerado como prioritario na futura Lei do clima de Galicia e anima ao Craega a asinar a Alianza Galega polo Clima, que conta xa cunhas 30 entidades adheridas
 

23/09/22 | 13:12

A Xunta inicia unha rolda de contactos para avanzar na elaboración da futura Lei de ordenación do litoral

Ángeles Vázquez recibe o apoio do Observatorio do Litoral e a súa vontade de colaborar na elaboración do texto lexislativo

22/09/22 | 16:22 | A Presidencia da Xunta

Declaración de iniciativa empresarial prioritaria dunha planta de metanol renovable en Caldas de Reis na que Iberdrola investirá 40 M€

O proxecto, denominado ‘Green Umia’, configúrase como unha solución pioneira que permitirá integrar nunha mesma localización a produción e uso industrial de hidróxeno verde, que xunto ao dióxido de carbono dos gases da caldeira de biomasa, permitirán a produción de metanol renovable

21/09/22 | 16:48

A Xunta adxudicará este ano máis de 64.750 metros cadrados de solo empresarial na provincia de Lugo

Ángeles Vázquez pon en valor a recente adxudicación por preto de 51.000 euros da redacción dos proxectos de urbanización de tres novas fases do parque industrial das Gándaras, que inclúen un total de 188.472 m2
 

21/09/22 | 13:02

A Xunta remite ao Concello de Lugo o informe favorable condicionado sobre o 5% do PXOM

Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego remata así o seu papel na tramitación desta ferramenta urbanística, que queda agora en mans do Concello para a súa aprobación definitiva en pleno

21/09/22 | 12:27

A Xunta e a Cruz Vermella avanzan na súa colaboración no salvamento marítimo e a loita contra a contaminación mariña

Esta cooperación realízase a través do Servizo de Gardacostas e a Consellería do Mar destina 30.000 euros para sufragar as actividades desenvolvidas este ano

20/09/22 | 11:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias participa na apertura do Simposium Urban Solutions que analiza en Vigo o futuro das cidades en torno a enerxía, a mobilidade e os servizos

A delegada territorial da Xunta destacou as xornadas como “unha oportunidade para redefinir un modelo produtivo que poña no centro á innovación, a sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente”.