Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta licita por 271.000 € a redacción dos proxectos para construír 36 vivendas protexidas en Santiago
Estas novas promocións residenciais virán reforzar o actual parque público da cidade e sumaranse ao edificio de 24 vivendas que xa se está edificando no barrio do Castiñeiro
A Xunta logra o compromiso da Sareb de que renovará os alugueiros das vivendas protexidas de Burela
O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo reuniuse coa entidade, que lle garantiu que prorrogará os contratos daqueles inquilinos que estean ao corrente das súas obrigas e sigan cumprindo os requisitos de acceso a este tipo de vivendas
A Xunta destinará 3,5 M€ en 2022 para potenciar a adquisición de vivenda protexida, en centros históricos e no rural e a compra por parte de mozos menores de 35 anos
Salienta que o orzamento para compra de vivenda protexida será de 2 M€, polo que se multiplicará por cinco o investimento do ano anterior
A Xunta anima ao Concello de Chandrexa a aproveitar as axudas á rehabilitación para recuperar catro vivendas municipais e destinalas a alugueiro social
O rexedor ourensán trasládalle o proxecto municipal para remodelar os catro inmobles, localizados no poboado de Chandrexa de Queixa e actualmente deshabitados
Ángeles Vázquez: “O Poder Xudicial dálle a razón á Xunta nas súas alegacións fronte ao proxecto de Lei de vivenda estatal”
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda lembra que o Goberno galego xa advertira da inconstitucionalidade da futura normativa
A Xunta urxe un cambio de criterio por parte do Goberno central para evitar a desprotección das familias que viven de alugueiro en edificios da Sareb
Explica que a situación dos veciños do inmoble de Burela e que tamén se dá noutros municipios galegos está provocada pola negativa da Sareb a prorrogar os contratos
A Xunta entrega catro vivendas protexidas na Tinería a outros tantos mozos galegos e avanza que nos vindeiros meses prevé adxudicar seis máis
Os adxudicatarios acceden ás vivendas en réxime de alugueiro a cambio dunha renda mensual de entre 96 e 241 euros ao mes, en función das características do inmoble
A Xunta interésase polo estado do edificio de Navia que sufriu este domingo un incendio no garaxe e ponse á disposición dos seus veciños
O bloque está integrado na súa totalidade por vivendas protexidas que foron promovidas no seu día pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
As comunidades de veciños de inmobles de promoción pública poden optar a 6.000 euros por vivenda para actuacións de rehabilitación e mellora
Esta liña de axudas, cuxo prazo de solicitude se abre hoxe, conta cun orzamento de 1 millón de euros para o ano 2022
A Xunta convoca o Bono alugueiro social co que asumirá o pago da totalidade da renda mensual dos beneficiarios
O prazo de presentación de solicitudes das axudas, que co complemento suman 860.000 € de orzamento, comezará o vindeiro 3 de xaneiro