Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 323 novas da área temática Formación:

23/02/22 | 13:20

Gabriel Alén subliña os cursos de formación da Xunta como un aval na especialización das persoas traballadoras

O delegado territorial explicou que esta orde enmárcase dentro das iniciativas destinadas a impulsar o emprego estable e de calidade e a acadar un novo modelo produtivo de Galicia

13/02/22 | 12:02

Mañá abre o prazo de matrícula para os exames de carácter libre das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente

As probas realizaranse en abril e maio no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

10/02/22 | 15:26 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta o incremento do 23% no orzamento dos obradoiros duais e o aumento do período contractual dos 9 aos 12 meses

Esta iniciativa permitirá chegar a 1.600 persoas sen emprego e desenvolver máis de 80 programas para incrementar as oportunidades laborais dos participantes

07/02/22 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza a "revolución silenciosa" da FP galega que fixo posible en 2021 que 4 de cada 5 titulados atoparan traballo e alcanzar a plena empregabilidade na modalidade dual

Garante o compromiso da Xunta coa FP, potenciando a implantación dos masters; e coa apertura este ano do Centro Galego de Innovación da FP, en Ourense

04/02/22 | 11:57 | C. de Sanidade

O DOG publica o Plan de Formación Continua para o persoal do Sergas, elaborado de xeito participativo polos profesionais a través de enquisas

Trátase dun modelo formativo que encaixa co criterio de compartir o coñecemento xa existente dentro do sistema público de saúde, con 637 profesionais do Sergas que participan como poñentes, titores de teleformación ou programadores docentes das actividades

03/02/22 | 14:22 | C. de Política Social e Igualdade
30/01/22 | 10:13

Alumnos da Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira fórmanse en protección marítima da man da Armada para facer fronte a episodios como a piratería

Instrutores do Terzo Norte de Infantería Mariña con experiencia en augas de Somalia amosaron aos estudantes do centro ribeirense diferentes exercicios e prácticas efectivas contra as posibles ameazas que poidan vivir os buques de pesca

25/01/22 | 19:04

A Xunta imparte un novo taller gratuíto no campus de teleformación sobre a igualdade laboral no eido da negociación colectiva para 400 participantes

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, abriu hoxe o segundo obradoiro no campus virtual da Xunta sobre igualdade laboral e lembrou que este ano ofertará 5.000 prazas gratuítas de formación

06/01/22 | 11:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a contratación de 15 doutorandos industriais que realizarán a súa tese en empresas e centros tecnolóxicos galegos

Cunha axuda total de preto de 1,9 M€, a convocatoria que vén de resolverse permitirá seguir apostando polo talento e a creación de emprego de calidade

06/01/22 | 11:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta concede 72 bolsas para mobilidade do alumnado universitario en países extracomunitarios

Recibirán esta axuda todos os candidatos que cumprían os requisitos da convocatoria