Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 272 novas da área temática Facenda:

27/04/21 | 11:40 | C. de Facenda e Administración Pública

Valeriano Martínez critica a discrecionalidade do Goberno central no reparto dos fondos para loitar contra a pandemia e denuncia que Galicia tería que recibir 660 millóns máis

Pediu o apoio dos grupos parlamentarios da Cámara para demandar que nos recursos do Plan Nacional de Recuperación, Transición y Resiliencia se corrixa a discriminación a Galicia e apelou a unha cogobernanza real entre o Goberno central e as CC.AA.

23/04/21 | 15:43 | C. de Facenda e Administración Pública

Xunta e sindicatos inician a negociación da segunda fase do proceso de funcionarizacion voluntaria do persoal laboral fixo

Trátase de prazas incluídas xa na Oferta de Emprego Público de 2020 e de 2021 para a súa funcionarización

23/04/21 | 10:02 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia Tributaria de Galicia anula débedas residuais en período executivo por ter un importe inferior a tres euros, tal como establece unha resolución publicada hoxe no DOG

A anulación de débedas residuais evita recadacións que ocasionan perdas para a facenda pública, e neste caso afecta a 1.052 débedas dun importe medio de 1,12 €

19/04/21 | 09:38 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia Tributaria de Galicia reforzará os canais de información e asistencia aos contribuíntes e as formas de pago

A ATRIGA vén de publicar as liñas xerais do Plan de control tributario do ano 2021

15/04/21 | 15:20 | A Presidencia da Xunta
31/03/21 | 13:08 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pecha o ano 2020 cun diferencial de débeda coa media autonómica de 7,2 puntos e mantén o máximo histórico

Os datos oficiais do Banco de España volven situar a Galicia como a 3ª comunidade de réxime común con menor endebedamento de España

22/03/21 | 14:18 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta propón aos sindicatos incluír na oferta de emprego público para 2021 máis de 1.000 prazas de acceso libre

O Goberno galego amplía así a proposta remitida a semana pasada aos sindicatos, e inclúe as prazas de estabilización e consolidación de persoal que se suman ás 635 da taxa de reposición

10/03/21 | 18:55 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pagou as súas facturas en 21 días no ano 2020, seis días por debaixo do conxunto das comunidades autónomas

O período medio de pago da Comunidade galega tamén é case cinco días inferior ao rexistrado en decembro de 2019