Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Emigración:

16/06/22 | 18:05

A Xunta prorroga un mes máis a extracción de mexilla nos bancos naturais co obxectivo de facilitar o labor do sector bateeiro

A autorización amplíase ata o próximo 15 de xullo nas provincias da Coruña e Pontevedra tralas solicitudes presentadas nos últimos días por tres asociacións de produtores de mexillón da comunidade

15/06/22 | 13:13

Galicia pon a proba o plan de continxencias das Illas Atlánticas nun exercicio de loita contra a contaminación na costa de Sálvora

O suposto consiste na localización dunha mancha oleaxinosa na entrada da ría de Arousa que deu lugar á activación e coordinación de distintos plans de continxencia e ao despregue de medios de resposta estatais e autonómicos

14/06/22 | 15:35

Alumnado do Centro de Formación A Aixola realiza varias pezas con material reciclado para a asociación de comerciantes e industriais de Marín

A escola adscrita á Consellería do Mar acolleu o acto de entrega das figuras, unha cigala e dous bacallaus de grandes dimensións, que se exporán durante a festa que o concello dedica cada ano á exaltación do crustáceo

14/06/22 | 13:09

A Xunta enxalza o labor da autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao no control do tráfico marítimo e no incremento da seguridade na navegación

O novo radar do Faro de Roncadoira ten como fin contribuír a controlar o tráfico do porto de Alcoa e os fondeadeiros de San Román, na ría de Viveiro e dos Farallóns, fronte a San Cibrao

14/06/22 | 10:35

O labor dos grupos de acción local do sector pesqueiro xerou máis de 230 M€ na economía galega en cinco anos

A Xunta salienta que os GALP da comunidade son referentes en Europa pola súa capacidade de xerar actividade económica ao seu arredor, con máis de 660 proxectos desenvolvidos desde 2016 e 4.600 empregos creados entre directos e indirectos

11/06/22 | 13:54

A Xunta amplía o radio de acción e os servizos do seu observatorio costeiro no marco do Proxecto europeo Radar on Raia

Distintos expertos participarán o vindeiro 22 de xuño na sede do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar no evento final desta iniciativa, coordinada polo ente dependente da Consellería do Mar

10/06/22 | 15:11

Galicia defende en Bruxelas que a futura política pesqueira común teña en conta as singularidades das distintas rexións pesqueiras

O evento que acolle hoxe a capital belga é o paso máis importante do proceso de consulta que está a realizar a Comisión Europea para o informe sobre o funcionamento da PPC tras ter lugar debates a nivel rexional como a xornada organizada esta semana na Coruña
 
O ditame elaborado polo Consello Galego de Pesca sobre a folla de ruta da pesca europea defende unha PPC que aposte pola remuda xeracional, o comercio pesqueiro xusto, a pesca sostible e compatible coa conservación da biodiversidade, a adaptación ao cambio climático e a cogobernanza global

Estas cuestións xiran arredor doutros cinco obxectivos fundamentais como reforzar a unidade da Unión Europea en termos pesqueiros, acuícolas e de transformación e comercialización de produtos do mar e o desenvolvemento dun campo de xogo en igualdade de condicións
 
A comunidade galega trazou unha folla de ruta de debate con diferentes axentes de interese na procura de solucións conxuntas que satisfagan as demandas do sector marítimo-pesqueiro de cara á revisión da PPC e que ten como punto de partida o ditame elaborado no seo do Consello Galego de Pesca
08/06/22 | 15:14

A Xunta constata melloras nalgunhas especies marisqueiras da ría de ferrol e agarda que se consolide a suba de ingresos rexistrada polo sector

As mostraxes realizadas este ano pola Consellería do Mar revelan avances no volume de exemplares de talle comercial en especies como a ameixa xaponesa, o berberecho ou a ameixa babosa

07/06/22 | 11:56

Galicia aposta por unha Política Pesqueira Común que favoreza a renovación da frota para fomentar a remuda xeracional

A comunidade elaborou un decálogo de liñas estratéxicas en consenso co sector e os grupos parlamentarios co obxectivo de que a nova PPC se adecúe ás necesidades das rexións pesqueiras