Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Economía:

22/08/21 | 13:57

Máis de 20.000 m2 de xardíns, áreas de xogo e lecer e zonas de descanso conformarán os equipamentos públicos da ampliación de San Paio de Navia

A urbanización proxectada pola Xunta inclúe dous parques infantís, un deles de máis de 600 m2, 14.000 m2 de áreas axardinadas e 4.200 m2 de prazas e zonas de estadía

01/08/21 | 13:00 | C. do Medio Rural

A Xunta licita os servizos técnicos das cinco reestruturacións parcelarias decretadas no que levamos de ano por importe de 1,4 millóns de euros

Estes traballos de colaboración son necesarios para poder comezar os traballos nas cinco parcelarias decretadas no que levamos de ano e seguir avanzando noutras tantas concentracións

31/07/21 | 17:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e 75 concellos galegos impulsan a Declaración Institucional por un rural forte e conectado

A Declaración Institucional insta ao Goberno central ao equilibrio no reparto dos fondos en materia de mobilidade para acadar a vertebración de Galicia e a súa cohesión social

30/07/21 | 17:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e máis de 60 concellos participan mañá no encontro 'Next Generation Galicia por un rural forte e conectado'

Presentarase unha declaración institucional asinada polo Goberno galego e polos concellos a favor dun reparto equitativo dos fondos Next Generation destinados a actuacións de mobilidade

30/07/21 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza nos trámites para ampliar o polígono empresarial da Pontenova en máis de 10.000 metros cadrados

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que o proxecto dará lugar a seis novas parcelas que ocuparán unha superficie total de 5.140 metros cadrados

Subliñou o impulso da Xunta ao desenvolvemento desta área industrial coa recente concesión dunha achega de 74.200 euros para mellorar a rede viaria do parque

29/07/21 | 13:37

A Xunta licita por 200.000 euros as obras de mellora da contorna das vivendas do grupo escolar e da piscina de Vilardevós

Nas inmediacións dos inmobles procederase á limpeza e revexetación das zonas comúns e se reparará a pavimentación dos paseos que comunican as cinco vivendas

29/07/21 | 10:29 | C. do Medio Rural

O DOG publica o Acordo de reestruturación parcelaria da zona de Guillamil-Sabariz, no concello ourensán de Rairiz de Veiga

Esta reorganización territorial afecta a unha superficie total de 1.368 ha de terreo

28/07/21 | 11:03

Medio Ambiente compromete o seu apoio técnico na planificación de solo empresarial de Santa Comba

Ángeles Vázquez salienta a necesidade de dispor dun estudo sobre a demanda real de superficie por parte do tecido empresarial

26/07/21 | 15:14