Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Conservación da natureza:

20/07/21 | 12:41

A Xunta de Galicia apostou nos últimos anos por incrementar as poboacións de mexillón de río para mellorar a calidade das augas fluviais galegas e as poboacións piscícolas

Ángeles Vázquez recorda que este bivalvo é unha das especies máis ameazadas do planeta e Galicia, un dos seus últimos refuxios, acubilla á maior poboación ao sur de Europa

15/07/21 | 15:07

‘Nbego’, a tartaruga mariña atopada en abril en Cariño, volve ao mar tras finalizar a súa recuperación nas instalacións da Xunta

O exemplar apareceu atrapado nas redes do barco ‘Nuevo Begoña’ e sobreviviu grazas á rápida intervención do patrón e da tripulación

14/07/21 | 14:16

Medio Ambiente convoca por 1,5 M€ a orde para a adquisición de puntos limpos móbiles

Ángeles Vázquez adianta que a Xunta quere dar resposta ao alto número de solicitudes e focaliza as axudas nos concellos de menos de 3.000 habitantes, que poderán acceder ao 100% do custo, cun máximo de 70.000 €

12/07/21 | 18:51

A Xunta estudará a posibilidade de colaborar na mellora ornamental natural do Pazo de Goiáns

O Concello de Boiro opta a incluír tres especies da contorna no Catálogo galego de árbores senlleiras, xestionado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural

09/07/21 | 14:47

Galicia xestionará 21,6 M€ dos fondos europeos para proxectos e actuacións en materia de biodiversidade

Ángeles Vázquez lamenta que debido aos criterios de reparto do Ministerio, a contía asignada para conservación e restauración do patrimonio natural galego é insuficiente para unha Comunidade na que o 42% do territorio conta con algún tipo de protección

06/07/21 | 14:28

A Xunta e Ecoembes colaboran no fomento da reciclaxe desde os albergues para contar cun Camiño seguro e sostible este Xacobeo 21-22

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou hoxe na presentación da campaña 2021 ‘Camiño da reciclaxe’

06/07/21 | 12:30

Galicia avanza no deseño de arrecifes artificiais para favorecer a protección dos ecosistemas mariños e a economía circular

A Xunta destinou 100.000 euros á mellora do módulo de arrecife artificial da Universidade da Coruña que inclúe materiais de tipo biolóxico procedentes de restos da produción da industria conserveira, como a cuncha de mexillón

02/07/21 | 17:36

A Xunta demanda ao Estado maior información sobre a regulación marco que modificará as funcións e actividades dos axentes forestais e medioambientais

O Goberno galego tamén apunta á necesidade de que a lei estatal teña un fundamento competencial axeitado que evite problemas de seguridade xurídica

02/07/21 | 14:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora no acondicionamento da área recreativa de Mogoxe de Folgoso do Courel para consolidar o atractivo turístico do concello

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Teritorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaron o convenio de colaboración coa alcaldesa para executar os traballos que permitirán ampliar a oferta turística do municipio cunha área de baño e lecer