Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
‘Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia’ incrementa nun 31% os usuarios e estrea guía e espazo temático
A publicación, que presenta hoxe o director xeral de Cultura, amosa o traballo desenvolvido para achegar á cidadanía o patrimonio documental
A Xunta abre a segunda convocatoria de axudas para modernizar teatros, auditorios e salas, o que eleva o investimento por riba dos 2 M€
Entidades públicas e privadas poden solicitar ata o 5 de decembro apoio para proxectos de transición verde e transformación das infraestruturas de artes escénicas e musicais que impulsen a súa xestión sostible
Román Rodríguez anuncia a creación dunha rede de dinamización de centros culturais no rural
O responsable autonómico de Cultura pon en valor a importancia destas entidades para o impulso do sector e a salvagarda do patrimonio literario, artístico e etnográfico na inauguración da exposición ‘Unha pincelada a Paco’ co alcalde de Lalín
Os premios de banda deseñada e de ensaio subversivo do Instituto Xelmírez I chegan á súa décima edición co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega destes galardóns convocados polo instituto compostelán coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e da Asociación Cultural Colectivo Xelmírez
A Xunta participa na inauguración “Camiñemos para parar”, unha exposición ao redor do Camiño de Santiago da man de Miguelanxo Prado e Rita Sabler
Na presentación participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro
Arias anima a desfrutar dos descontos do 50 % que ofece o Bono Cultura da Xunta nos negocios lucenses adheridos
O delegado territorial da Administración autonómica explica que máis de 60 empresas da provincia xa se sumaron á segunda edición desta campaña, que esgotou os bonos entre os consumidores en tempo récord
O delegado territorial da Xunta en Ourense e a secretaria xeral da Igualdade inauguran a exposición ‘ArteNON’
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou que con iniciativas como esta, a Xunta “pretende contribuír á concienciación de toda a sociedade contra a violencia de xénero nas súas múltiples formas e manifestacións”
Chega a 289 cines o filme ‘13 Exorcismos’, rodado en Ourense como proxecto do Hub Audiovisual da Xunta
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu esta tarde á ‘première’ desta longametraxe da produtora galega Bambú, xunto a Atresmedia Cine e Mr Fields & Friends, que se estrea mañá en salas de toda España