Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

09/09/21 | 14:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Quiroga na mellora da cuberta da casa da cultura do concello

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias as melloras levadas a cabo na casa da cultura ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

08/09/21 | 15:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta reúnese con representantes veciñais do Pino para abordar o proxecto de revitalización do Barrio

Gabriel Alén trasladou a necesidade dun acordo político no Concello de Ourense para desbloquear urbanisticamente o proxecto da residencia da terceira idade que a Xunta prevé construír no solar da antiga estación e facer posible tamén a reforma da rúa D

07/09/21 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias recibe ao novo director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, Nuno Almeida

A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca a cooperación activa co Norte de Portugal como unha das claves do desenvolvemento económico de Galicia

06/09/21 | 14:42 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta anuncia as datas do 2º exercicio para cubrir 97 prazas do corpo administrativo e 341 do corpo auxiliar da Administración galega

As probas terán lugar o vindeiro 27 e 28 de setembro no recinto da Feira Internacional de Silleda

23/08/21 | 11:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a transformación da zona infantil do parque forestal da Illa da Toxa nunha área recreativa para fomentar a conservación da natureza

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, a área na que se instalaron paneis didácticos e xogos de madeira co obxectivo de inculcar valores ambientais á cativada

29/07/21 | 12:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Maceda nas instalacións do servizo de Emerxencias e Protección Civil que serán a sede do novo GES nesta zona

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as melloras levadas a cabo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, que acadan preto de 32.000 euros

23/07/21 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta actualiza a orde de axudas para financiar a adquisición de vehículos para os corpos das policías locais, que agora deberán ser híbridos ou eléctricos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, explicou hoxe en rolda de prensa as axudas que están destinadas para o financiamento de vehículos eléctricos ou vehículos híbridos con distintivo ambiental Cero emisións ou Eco, ao abeiro das axudas do Fondo de Compensación Ambiental

23/07/21 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a contorna do centro de saúde de Arcade para uso da veciñanza e área de descanso dos peregrinos do Camiño Portugués

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda asinou esta mañá co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera o protocolo de acondicionamento da contorna do Centro de Saúde

15/07/21 | 16:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en marcha a renovación do seu parque móbil con vehículos de etiqueta medioambiental cero ou eco

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, explicou que esta iniciativa, que conta cun investimento de 6 millóns de euros, contempla a adquisición de 191 vehículos baixo a modalidade de leasing financeiro cun prazo de 48 meses

12/07/21 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello da Arnoia na creación dun parque infantil no lugar da Reza

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as novas instalacións financiadas ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público, que conta cun orzamento de 4M€