Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

10/03/21 | 12:54 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca a boa evolución epidemiolóxica de Galicia respecto da incidencia da covid e volve apelar á prudencia da cidadanía

O conselleiro anunciou a realización dunha proba piloto de vacinación na Cidade da Cultura, mañá xoves, na que están citados 1.000 cidadáns da área de Santiago

09/03/21 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata un novo lote de melloras e distribución de espazos no centro de saúde de Baltar coa impermeabilización da cuberta

O delegado territorial, Luis López, visita esta actuación, realizada con recursos propios da área sanitaria, co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e o xerente José Ramón Gómez

09/03/21 | 14:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acorda coa hostalería unha desescalada segura, gradual e baseada na mellora da situación sanitaria en Galicia

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, mantiveron unha reunión cos representantes dos hostaleiros para coñecer as súas prioridades perante a mellora da situación sanitaria

09/03/21 | 14:25 | C. de Sanidade

A Xunta inicia o trámite para que as farmacias galegas subministren sistemas personalizados de dosificación de medicamentos aos pacientes

O portal de transparencia da Xunta publica, para as achegas da cidadanía, o anteproxecto de Decreto polo que se regulan as condicións e os requisitos para a preparación e entrega dos sistemas personalizados de dosificación de medicamentos nas oficinas de farmacia de Galicia

09/03/21 | 12:48 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 3.422 casos activos por coronavirus

Un total de 108.192 pacientes xa están curados

09/03/21 | 11:03 | C. de Sanidade

ADOS chama á comunidade universitaria a doar sangue para superar as 2.083 doazóns acadadas na primeira fase da campaña nas universidades galegas e renovar a base de doantes

No transcurso dos meses de setembro a novembro, rexistrouse un 37,4% de membros da comunidade universitaria que doaban sangue por vez primeira

09/03/21 | 09:58 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia renova a composición do seu Consello para a Innovación en Materia Sanitaria

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asina hoxe a orde de publicación no Diario Oficial de Galicia cos nomes dos oito membros electivos do Consello, e que sairá no boletín oficial galego nas próximas datas

08/03/21 | 12:00 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 3.514 casos activos por coronavirus

Un total de 107.951 pacientes xa están curados