Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

23/05/21 | 10:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para executar as obras de mellora de firme da estrada LU-170 entre Xermade e Cabreiros, que suporán un investimento autonómico de 450.000 euros

A intervención, na estrada que une Parga con Cabreiros ao seu paso polo municipio de Xermade, comprende actuacións de mellora nun treito de 5,5 quilómetros

22/05/21 | 15:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo subliña que a estación intermodal de Santiago, a primeira posta en funcionamento en Galicia, optimiza o acceso dos cidadáns ao transporte público e reforza o atractivo da capital

Pon en valor este proxecto é froito “dunha colaboración institucional intelixente e exixente” entre a Xunta de Galicia, o ADIF e o Concello de Santiago

22/05/21 | 10:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 8 ofertas para executar a mellora de firme nas estradas PO-510 e PO-400 nos concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, cun investimento de 985.000€

Na estrada PO-510 acondicionarase o firme entre os puntos quilométricos 0+000 e 15+750, incluíndo o treito do polígono industrial das Gándaras

22/05/21 | 10:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/05/21 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o acondicionamento da estrada autonómica LU-710, desde a intersección da N-VI e ata o enlace con A-6, no concello de Baralla

A actuación supera os 2,2 M€, aos que se engaden os máis de 227.000 € para o pagamento das 138 parcelas necesarias para as obras, que contan cun prazo de execución de 18 meses

21/05/21 | 11:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para a redacción do proxecto da mellora do bombeo de Cocheras, cuxas obras suporán un investimento autonómico de 3,7 M€

Trátase de mellorar o sistema de saneamento Cocheras-Os Praceres e paliar as consecuencias das deficiencias da rede municipal pola infiltración de pluviais e do mar e evitar vertidos no fondo da ría

21/05/21 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/05/21 | 10:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Seis concellos lucenses elaboraron plans de emerxencia ante situacións de seca grazas á convocatoria de axudas da Xunta e a un financiamento de 73.300 euros

O delegado territorial, Javier Arias, lembra que está aberta unha nova convocatoria deste programa de axudas e o prazo para solicitarlas remata o 4 de xuño

20/05/21 | 14:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe un total de 11 ofertas para executar as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas nas comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal, cun investimento de preto de 11 M€

Actuarase nas estradas AC-101, AC-110 e AC-566, nos concellos de Narón, Valdoviño, Cedeira, As Pontes, Ortigueira, Cerdido, Moeche e As Somozas