Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

05/04/21 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as axudas para o libro galego dirixidas á tradución

O obxectivo é favorecer que as obras galegas se editen noutras linguas, apoiando a proxección internacional da nosa cultura, ao tempo que se fomenta a publicación en galego de obras escritas noutros idiomas

05/04/21 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A carteleira de abril da Filmoteca de Galicia ofrece 19 sesións dos ciclos sobre os cineastas Mani Kaul e Wong Kar-Wai

Os filmes da pioneira Dorothy Davenport Reid e da artista multidisciplinar Nancy Holt serán tamén parte central da programación que se desenvolverá durante todo o mes na sala José Sellier da cinemateca da Xunta

05/04/21 | 12:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta creará unha gran área educativa no centro de Lugo coa creación dun novo instituto no edificio anexa

A zona converterase nunha referencia do ensino, pois concentrará un colexio, tres institutos e un centro integrado de FP, ademais de instalacións deportivas

05/04/21 | 11:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca os Premios Artesanía de Galicia 2021 para apoiar a creatividade, a experiencia e aos novos profesionais do sector artesán galego

Os galardóns buscan recoñecer o talento e a traxectoria dos artesáns galegos a través de tres categorías: Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9000 euros, Premio Traxectoria, de carácter honorífico, e Premio Bolsa Eloy Gesto, cunha contía de 4000 euros para a formación dos novos profesionais do sector

04/04/21 | 19:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforzará o apoio á industria audiovisual cunha nova liña de subvencións para as salas de cine

Román Rodríguez agradece ao sector o seu compromiso por manter o seu nivel de actividade en rodaxes e estreas e demostrar “ser un motor da nosa cultura”

04/04/21 | 11:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A profesora estadounidense Kathleen March, gañadora do novo programa de residencias literarias para tradutores da Xunta

É unha das máis prestixiosas divulgadoras da literatura galega nos EEUU e se desprazará a Galicia para traducir obras de Marica Campo e Emma Pedreira

03/04/21 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta programa no centro coreográfico galego nove cursos de danza, prevención de lesións e xestión cultural

A danza contemporánea abrirá en maio esta oferta formativa, con cadanseu taller de creación e composición coreográfica impartidos por Esther Latorre e Mercé de Rande

01/04/21 | 14:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a mestría de Domingo de Andrade e anima a protexer e promover o seu legado no Día das Artes Galegas

Realizouse unha ofrenda floral na lápida en memoria do homenaxeado situada na capela da Concepción da Catedral de Santiago

31/03/21 | 16:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os museos da Xunta ofrecen unha vintena de mostras e actividades durante a Semana Santa

As persoas que visiten estes centros poderán gozar de diferentes disciplinas artísticas, arqueoloxía e visitas guiadas

31/03/21 | 13:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia o oficio das palilleiras artesás no marco da II Mostra Virtual do Encaixe de Camariñas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na inauguración da exposición ‘Palilleiras presente e futuro’