Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

01/06/21 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras que completarán a rede de saneamento na parroquia de Pereiras, en Mos, cun investimento de 430.000 euros

O contrato, cun prazo de 4 meses, enmárcase na colaboración da Xunta co Concello para realizar as obras pendentes no norte e en parte do sur da parroquia

31/05/21 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 50.000 euros a redacción do proxecto construtivo das actuacións necesarias para minimizar o risco de asolagamento en Xunqueira, no concello de Viveiro

Os traballos, cun prazo de 6 meses, servirán de base para executar actuacións destinadas a naturalizar o leito do río Fontecova, no núcleo de Xunqueira, incluíndo o reforzo das cimentacións danadas e a adecuación das infraestruturas próximas

31/05/21 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na execución do novo Centro Integral de Saúde de Lugo, que acada xa o 30% e comezará a funcionar a mediados do vindeiro ano como un equipamento sanitario de vangarda

Ethel Vázquez detalla que o complexo o conforman un centro de saúde e un PAC con urxencias, con 46 consultas; un centro de saúde mental, con 22; e a base do 061

31/05/21 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treitos interurbanos do río Santiago no concello de Barreiros

Os traballos estanse a desenvolver nun tramo de 1,7 km de lonxitude ao seu paso pola parroquia de Reinante

31/05/21 | 11:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 120.000€ no polígono industrial de Coirós para mellorar as súas infraestruturas viarias

Esta actuación inclúese dentro da orde de axudas para a mellora dos parques empresariais que ten por obxectivo potenciar a competitividade das empresas

30/05/21 | 13:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 32 ofertas aos contratos de conservación e vialidade invernal das estradas autonómicas de Lugo nos vindeiros 4 anos, que suporán un investimento de 40,7 M€

O delegado territorial, Javier Arias, destacou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incrementou nun 18% o orzamento destinado a garantir a seguridade en case 1.500 quilómetros de rede viaria na provincia

29/05/21 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas para executar a mellora do firme de dúas estradas autonómicas do sur da provincia de Lugo cun investimento de 2,4 M€

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar este verán as actuacións, que contan cun prazo de execución de 6 meses, e telas rematadas este mesmo ano

29/05/21 | 12:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/05/21 | 12:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe un total de 18 ofertas para o contrato de conservación e viabilidade invernal nas estradas das áreas de Santiago, Bergantiños-Costa da Morte e Barbanza

Este contrato que se corresponde coa área da Coruña sur permite unha vixilancia e control das estradas para detectar anomalías e corrixilas o antes posible

29/05/21 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Rosa ao seu paso polo concello de Dumbría

As tarefas estanse a desenvolver nun tramo de máis de 1,3 km de lonxitude na parroquia do Ézaro, no lugar da Laxe